Amosando publicacións coa etiqueta Concurso Ilustración. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Concurso Ilustración. Amosar todas as publicacións

domingo, 7 de xuño de 2026

Alumnado e traballos premiados - Concursos Día do Libro 2026

 

Premios Concursos Día do Libro 2026

 

 



    No concurso literario o alumando tivo que elaborar un texto, en prosa ou en verso, tomando como fonte de inspiración a seguinte fotografía da pintora viveirense Maruxa Mallo.






    No concurso de ilustración o alumnado tivo que ilustrar o seguinte fragmento da novela Circe ou o pracer do azul de Begoña Caamaño, autora homenaxeada este ano o Día das Letras Galegas.

    "Mais o paxaro non abriu o peteiro. Permaneceu calmo no ombreiro do mariñeiro ollando para a raíña cos seus ollos mouros e profundos."



    Os traballos premiados podedes consultalos no arquivo que hai embaixo.


PARABÉNS POLO VOSO EXCELENTE TRABALLO!!!

xoves, 2 de outubro de 2025

Concursos Día do Libro

 Premios nos concursos

 do Día do Libro


   Xa podedes ler e ver todos os traballos premiados no Concurso Literario e no Concurso de Ilustración celebrados o pasado curso. 

Parabénsssssssssss!


luns, 19 de maio de 2025

martes, 8 de abril de 2025

Concurso ilustración

 Concurso de Ilustración - Día do Libro

   Celebramos o Concurso de Ilustración con moita participación do alumnado. Ademais de utilizar a biblioteca, usamos a biblioterraza e unha aula.

   Nesta ocasión, homenaxeamos a poesía popular oral, á que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas. 


   O alumnado debía crear unha ilustración inspirándose nos seguintes versos populares que tamén glosou Rosalía de Castro.

Eu ben vin estar o moucho

enriba daquel penedo:

¡Non che teño medo moucho,

moucho non che teño medo!



Moita sorte!!!


martes, 23 de abril de 2024

 Concursos Día do Libro


     Hoxe celebramos o Día do Libro co Concurso de Ilustración. Nesta edición tivemos récord de participantes. Ocupamos a biblioteca e  habilitamos unha aula.


    Para homenaxear a Luísa Villalta, escritora a quen se lle dedica este ano 2024 o Día das Letras Galegas, o noso alumnado tivo que ilustrar os seguintes versos pertencentes ao poemario Grial do sol perdido (1985):

Andei por Santiago
pisando estrelas
na noite


       




     Moita sorte!!!



     O pasado martes, 16 de abril, tivo lugar o Concurso Literario. Tamén Luísa Villalta foi o motivo que central dos textos elaborados polo alumnado. Estes debían incluír os seguintes versos do libro Ruído (1995):


Agora xa non sei
quen son eu e quen es ti








luns, 8 de maio de 2023

Coñecemos os premios dos Concursos do Día do Libro

 

A proposta que vos fixo a Biblioteca neste curso 2022-23 para os Concursos do Día do Libro, Literario e de Ilustración, está relacionada cun estilo musical, o Jazz. Uns días despois do 23 de abril, celébrase o Día Internacional do Jazz desde o ano 2011. O 30 de abril foi a data elixida pola UNESCO co obxectivo de “sensibilizar ao público en xeral sobre as súas virtudes como ferramenta educativa e como motor para a paz, a unidade, o diálogo e como reforzo da cooperación entre os pobos.”

Ademais a historia do Jazz está enmarcada “nos esforzos a prol da dignidade humana, a democracia e os dereitos civís… e contribúe á construción de sociedades máis inclusivas.”  Son palabras da UNESCO.

A proposta é un fragmento do tema My Baby Just Cares For Me da pianista e compositora Nina Simone, quen dixo que “o jazz non era só unha música; é unha forma de vida, unha forma de ser, unha forma de pensar.”

Foi unha grande defensora dos dereitos civís, por iso tamén a escollimos. Lembrades que ese foi o tema do pasado Concurso de Fotografía?

No vídeo están todas as vosas creacións escoitando só a parte instrumental do tema (pretendiamos que non tivésedes ningunha referencia): 40 ilustracións e 31 textos. 

Parabéns a todas e a todos os participantes!!!! 


Os premios son: 50 euros para os 1º premios, 30 euros para os 2º premios e 20 euros para os accésit. Podedes utilizar os bonos NUN destes establecementos: na libraría LaRepro ou na tenda de informática PC+. Nuns días terán todo listo para que pasedes por alí as e os premiados.

Estade atentas/os para recoller os vosos diplomas e o agasallo nun próximo acto de celebración. Avisaremos con antelación para facer a foto!!!
 

GRAZAS!

 

martes, 21 de marzo de 2023

IX Concurso Literario, 28 de marzo e VI Concurso de Ilustración, 18 de abril

 

 

Xa puidestes ver estes carteis pendurados polo instituto e en instagram. Xa están convocados os concursos que a biblioteca vos propón para o Día do Libro, o 23 de abril. Aínda falta case un mes mais xa convocamos o Concurso literario para o 28 de marzo, martes, de 10:50 a 12:30. Trátase de que nesas dúas sesións veñades á biblioteca. Recibiredes unha proposta sobre a que, inspirándovos nela, escribiredes os vosos textos, en prosa ou en verso. Ten que haber relación entre ambas, entre a nosa proposta e o voso texto, mais esa relación pode ser moi variada.

 

O Concurso de ilustración será o 18 de abril, martes, de 10:50 a 12:30 e ten características semellantes: tedes que ilustrar unha proposta que vos fará o equipo da biblioteca.

Animádevos a participar!! Tedes de prazo para anotarvos até este venres 24.

A continuación podedes ver as bases:

xoves, 10 de marzo de 2022

Concursos Literario e de Ilustración do Día do Libro

 Como xa é tradición no noso centro, este curso tamén celebraremos o Día do Libro cos dous concursos habituais en abril: 





 

Xa hai alumnas e alumnos anotados, mais se aínda non o fixestes, ANIMÁDEVOS!!

Podedes facelo na biblioteca, en calquera dos recreos. O prazo para inscribirse remata o 31 de marzo. Non o deixedes para o último día!!

As bases de cada un deles son estas:




Lédeas con atención e animádevos a participar!!




venres, 21 de xuño de 2019

ENTREGA DE PREMIOS DO VII CONCURSO LITERARIO E IV CONCURSO DE ILUSTRACIÓN DÍA DO LIBRO

Alumnado gañador concursos literario e de Ilustración 2019


PREMIADOS CONCURSO LITERARIO

1ª CATEGORÍA

 1º PREMIO 
Paula Nieto Negreira (1º ESO C)

2º PREMIO
Natalia Martínez Ferreiro (1º ESO C)

2ª CATEGORÍA

1º PREMIO
Noelia Blanco Calvo (4º ESO B)

2º PREMIO Ex aequo
Daniel Vázquez Fernández (3º ESO A)
Sara González Antelo (4º ESO B)

3ª CATEGORÍA

1º PREMIO
Irene Reyes Matos (1º Bach. B)

2º PREMIO 
Lucía Santos Rodríguez (1º Bach. B)

PREMIADOS CONCURSO ILUSTRACIÓN

1ª CATEGORÍA
1º PREMIO
Ángel Landeira Traba

2ª CATEGORÍA
1º PREMIO Ex aequo
Lara Capelo Solís
Ismael García Rodríguez
ACCÉSIT
Estrela Lois Iglesias
Aurora Pérez Conde

3ª CATEGORÍA
1º PREMIO
Gabriel Souto Vázquez

NORABOA A TODOS E TODAS!!!

E estes son os traballos premiados: