Recomendacións lectoras verán
Este curso puxemos en marcha a Radio-Actividade da Biblioteca e ofertámosvos a partir dela as nosas recomendacións lectoras para o verán. Non deixes de escoitar os nosos Arrecendos literarios!!!
Historia do libro e das bibliotecas
Rematamos este curso cunha actividade sobre a Historia do libro e das bibliotecas.
Ismael e Juan, alumnos de 1º de bacharelato, expuxeron ao alumnado de 1º ESO información sobre os primeiros libros e bibliotecas e como foi a súa evolución ao longo da Historia.
Ademais, comentaron, como usuarios habituais da biblioteca desde a súa chegada ao instituo, que tipo de libros eran do seu interese.
Fieitas IV
Este cuarto número de Fieitas elaborouse, por primeira vez, por completo no noso instituto en colaboración cos Polos Creativos.
Xogo Rosalía
Despois de moitos meses de traballo, por fin, podemos ver os resultados. O xogo de memoria centrado na figura de Rosalía de Castro está xa rematado. Agradecemos a participación de todas aquelas persoas que interviñeron neste proxecto que a biblioteca se propuxo levar a cabo durante este curso académico, especialmente, o traballo do alumnado.
Estamos realmente contentas co resultado!!!
Concursos Día do Libro 2026
Concurso de ilustración - Concurso literario
Esta semana celebramos os concursos convocados co gallo do Día do Libro. Agradecemos o voso entusiamo e a vosa participación!!!
MOITA SORTEEEEEE!!!
Estreamos un novo espazo para a lectura!!
A partir de agora tedes este novo sofá para ler comodamente na biblioteca.
E seguirmos gozando dos libros, cómics, revistas...
Ademais estreamos dous espazos de exposicións permanentes.
Un, á entrada da biblioteca. Agora exponse unha selección das imaxes premiadas no último Concurso de Fotografía.
E outro, no corredor de acceso á biblioteca.
Onde están algunhas das ilustracións realizadas polo alumnado de Artes Plásticas no Proxecto do Herbario de Flores de Ferro (curso 2023-2024).
O venres 27 de marzo celebramos o Día do Teatro coa representación da obra "Castelao, un corazón á intemperie", unha produción de Fantoches Baj. Monicreques, música tradicional e teatro de máscaras para recoñecermos a figura de Castelao interpretando pequenas partes das súas obras.
Lembramos o Día do Teatro, o 27 de marzo.
Na entrada do edificio principal temos esta exposición que mostra unha pequena parte da actividade desenvolvida o pasado curso polo alumnado de Artes Plásticas.
A partir do texto "El-rei Artur e a abominable dama" deseñaron as siluetas dos personaxes que agora podedes ver de preto.
Se queredes coñecer como representaron este obra coa técnica do teatro de sombras chinesas, podedes premer na entrada
E se queredes ver a obra o día da estrea, premede no seguinte vídeo