Hoxe celebramos o VIII Concurso de Fotografía.
Nesta ocasión o motivo a fotografar era a natureza, amplamente presente no espazo exterior do noso centro.
O alumnado buscou, con intensidade e afán, a foto.
Quen gañará???
Hoxe celebramos o VIII Concurso de Fotografía.
Nesta ocasión o motivo a fotografar era a natureza, amplamente presente no espazo exterior do noso centro.
O alumnado buscou, con intensidade e afán, a foto.
Quen gañará???
Premios Concurso de Fotografía Matemática
A Biblioteca comeza o ano 2023 aconvocando a VI edición do Concurso de Fotografía. Este curso, co lema ‘Os Dereitos Civís’ proponvos tres textos tirados das palabras pronunciadas por Martin Luther King Jr. o 28 de agosto de 1963 en Whashington, ao final da Marcha polo Traballo e a Liberdade que reuniu a varios centos de miles de persoas maioritariamente negras que, convocadas por diferentes sindicatos, organizacións civís e relixiosas, reivindicaban, de forma pacífica, o final do racismo e das discriminacións contra a poboación negra de Estados Unidos: reclamaban igualdade e liberdade, reclamaban dereitos civís para a poboación negra. Podedes ver aquí un vídeo do Arquivo nacional de USA sobre como se organizou esta grande manifestación.
Hai 60 anos que Martin Luther King pronunciou ese discurso que coñecemos co título de I have a dream / Teño un soño. Neste enlace podedes ver ese momento. Foi un discurso que acadou moito éxito chegando a ser un himno para as persoas oprimidas de todo o mundo.
Ao ano seguinte, en 1964, o entón presidente Lindon B. Johnson aprobou a Lei de Dereitos Civís, prohibindo a segregación racial. En 1965 tamén asinou unha lei que permitía votar á poboación negra estadounidense.
Mais, que son os dereitos civís? Pois son os dereitos que garanten as nosas liberdades fundamentais e a nosa participación en liberdade e igualdade na vida social e política. Explícao moi ben esta ligazón á web dunha organización internacional que traballa para que se respecten estes e outros dereitos en todo o mundo.
E cales son eses dereitos? Algúns exemplos son o dereito a non ser sometida a tratos degradantes, o dereito á liberdade de pensamento ou de opinión, o dereito á xustiza ou á privacidade, o dereito á protección das e dos menores, o dereito á igualdade, etc. Podedes atopalos todos no documento ‘Pacto Internacional de Dereitos Civís e Políticos’ que as Nacións Unidas aprobaron en asemblea en 1966 e, a día de hoxe, ratificaron 173 países. Tedes ese documento en inglés, en galego e en castelán.
Para o concurso de fotografía escollemos tres fragmentos en inglés do discurso de Martin Luther King Jr. Se precisades axuda para entendelos ben podedes ler o discurso completo en portugués, en francés e en castelán.
Para rematar deixámosvos unha das cancións coas que o músico e poeta Bob Dylan, premio Nobel de Literatura en 2016, pechou a manifestación.
Animádevos
a participar!!! Consultade as
bases ou preguntádenos na biblio se tedes dúbidas!!! O prazo remata o 31 de xaneiro!
O pasado venres 18 entregáronse os premios do V Concurso de Fotografía organizado pola Biblioteca do IES Terra de Xallas.
As fotografías que obtiveron un premio e as súas autoras e autor recollendo os agasallos e os diplomas son as seguintes:
PRIMEIRA CATEGORÍA
1º PREMIO
2º CATEGORÍA
1º PREMIO
Moitas grazas a todas as alumnas e alumnos participantes!!
Quedan xa poucos días para presentar as vosas fotografías no concurso!!
Lembrades os textos??
Pois non esquezades que a data límite para entregar as vosas fotografías é o vindeiro domingo 23 de xaneiro.
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!
Bases:
1. Pode presentarse todo o alumnado que estea matriculado no IES Terra de Xallas no curso 2021-2022.
2. Cada participante poderá presentar, como máximo, unha fotografía en formato .jpg inspirada en cada un dos textos propostos:
TEXTO I)
VARRENDO no silencio
aínda un vento obstinado.
Voan miñatos sobre a paisaxe desmembrada.
Tempo fósil, Pilar Pallarés.
TEXTO II)
Yo había oído
asegurar muchas veces que si tenemos los ojos cerrados y alguna
persona se pone a mirarnos fijamente, una fuerza inexplicable nos
obliga a abrirlos. Digo que es verdad y lo digo por experiencia. En
medio de mi sopor empecé a sentir cierta comezón de alzar los
párpados, y una inquietud especial, que me indicaba la presencia de
alguien en el tugurio… Entreabrí los ojos y con gran
sorpresa vi el agua del mar.
Insolación (Historia amorosa), Emilia Pardo Bazán.
3. Estableceranse tres categorías:
1º e 2º ESO.
3º e 4º ESO, Formación Profesional Básica e Ciclos Formativos de Grao Medio.
1º e 2º BAC, Ciclos Formativos de Grao Superior.
4. Haberá un premio por nivel: impresión da fotografía.
5. O xurado estará formado polo Grupo de Biblioteca: Sabela Aldrey Dono, Cristina Durán Arufe, Soledad Fernández Gago, Mª Dolores Rodríguez Calo, Anxos Sanmartín Rei e Inmaculada Rodríguez Villar.
6. O xurado resérvase a posibilidade de outorgar algún accésit ou declarar desertos os premios.
7. As fotografías enviaranse ao correo da biblioteca bibliotecaxallas@gmail.com antes do día 23 de xaneiro (23h.59’).
No asunto débese indicar Concurso de Fotografía, no texto escribiranse os datos (nome, apelidos, curso e grupo) e o número do texto en que se inspira/n a/s fotografía/s.
8. O xurado emitirá o seu fallo a última semana do mes de xaneiro (antes do 31).
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!
| LUCÍA CALVO GONZÁLEZ - 1º ESO A (Texto 1) |
![]() |
| NURIA LOURIDO ROMAR - 1º ESO A (Texto 1) |
![]() | ||
| UXÍA CONDE BEIRO - 1º ESO A (Texto 2) |
![]() | ||
| PABLO CALVO - 3º ESO A (Texto 1) |
![]() | |
| PAULA TOMÉ MACEIRAS - 1º BACHARELATO C (Texto 2) |
![]() |
| NOELIA QUINTÁNS VÁZQUEZ - 1º BACHARELATO B (Texto 1) |