A proposta que vos fixo a Biblioteca neste curso 2022-23 para os Concursos do Día do Libro, Literario e de Ilustración, está relacionada cun estilo musical, o Jazz. Uns días despois do 23 de abril, celébrase o Día Internacional do Jazz desde o ano 2011. O 30 de abril foi a data elixida pola UNESCO co obxectivo de “sensibilizar ao público en xeral sobre as súas virtudes como ferramenta educativa e como motor para a paz, a unidade, o diálogo e como reforzo da cooperación entre os pobos.”
Ademais a historia do Jazz
está enmarcada “nos esforzos a prol da dignidade humana, a
democracia e os dereitos civís… e contribúe á construción de
sociedades máis inclusivas.” Son palabras da UNESCO.
A proposta é un fragmento do tema My Baby Just Cares For Me da pianista e compositora Nina Simone, quen dixo que “o jazz non era só unha música; é unha forma de vida, unha forma de ser, unha forma de pensar.”
Foi unha grande defensora dos dereitos civís, por iso tamén a escollimos. Lembrades que ese foi o tema do pasado Concurso de Fotografía?
No vídeo están todas as vosas creacións escoitando só a parte instrumental do tema (pretendiamos que non tivésedes ningunha referencia): 40 ilustracións e 31 textos.
Parabéns a todas e a todos os participantes!!!!
Estade atentas/os para recoller os vosos diplomas e o agasallo nun próximo acto de celebración. Avisaremos con antelación para facer a foto!!!
GRAZAS!
Ningún comentario:
Publicar un comentario