Biblioteca do IES Terra do Xallas
martes, 27 de outubro de 2026
venres, 19 de xuño de 2026
xoves, 18 de xuño de 2026
Historia do libro e das bibliotecas
Historia do libro e das bibliotecas
Rematamos este curso cunha actividade sobre a Historia do libro e das bibliotecas.
Ismael e Juan, alumnos de 1º de bacharelato, expuxeron ao alumnado de 1º ESO información sobre os primeiros libros e bibliotecas e como foi a súa evolución ao longo da Historia.
Ademais, comentaron, como usuarios habituais da biblioteca desde a súa chegada ao instituo, que tipo de libros eran do seu interese.
luns, 15 de xuño de 2026
Fieitas IV
Fieitas IV
Este cuarto número de Fieitas elaborouse, por primeira vez, por completo no noso instituto en colaboración cos Polos Creativos.
Está dedicado ao xogo de memoria sobre a figura de Rosalía de Castro que realizou o alumnado de 1º de bacharelato.
domingo, 7 de xuño de 2026
Alumnado e traballos premiados - Concursos Día do Libro 2026
Premios Concursos Día do Libro 2026
No concurso literario o alumando tivo que elaborar un texto, en prosa ou en verso, tomando como fonte de inspiración a seguinte fotografía da pintora viveirense Maruxa Mallo.
No concurso de ilustración o alumnado tivo que ilustrar o seguinte fragmento da novela Circe ou o pracer do azul de Begoña Caamaño, autora homenaxeada este ano o Día das Letras Galegas.
"Mais o paxaro non abriu o peteiro. Permaneceu calmo no ombreiro do mariñeiro ollando para a raíña cos seus ollos mouros e profundos."
Os traballos premiados podedes consultalos no arquivo que hai embaixo.
PARABÉNS POLO VOSO EXCELENTE TRABALLO!!!
venres, 29 de maio de 2026
mércores, 27 de maio de 2026
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



.jpg)











