Para homenaxear a nosa insigne poeta, puxémonos a traballar na elaboración dun xogo de memoria que toma como motivo os versos rosalianos e diversas ilustracións.
Este é un proxecto conxunto entre o Departamento de Lingua Galega e Literatura, Polos Creativos e a Biblioteca.
O alumnado de primeiro de bacharelato escolleu os versos e debuxou as ilustracións. A Biblioteca coordinou o proceso de elaboración e en Polos Creativos manéxase a cortadora e impresora láser.
A preparación do xogo está nunha fase moi avanzada mais aínda non o podemos dar por finalizado.
De momento, si que podemos ofrecer algunha fotografía que ilustre o traballo desenvolvido.
Enviamos o noso agradecemento pola súa participación neste proxecto e os parabéns polo resultado a Sara El Baghati, Claudia Facal, Nuria Lage, Carla Landeira, Uxía Muíño, Adriana Tasende, Andrea Alvela, Claudia Cornes, Nico Filgueira, María Nieves e María Souto.
Non sería xusto esquecer a extraordinaria colaboración que recibimos por parte de Rocío García Suárez.
A mellor homenaxe que lle podemos brindar á nosa grande poeta é lermos os seus textos. Nesta ocasión, o alumnado xalleiro recita poemas tanto de Cantares gallegos como de Follas novas.
Ofrecémosvos unha pequena escolma nos seguintes podcasts.
O alumnado de 1º de bacharelato participou o pasado 3 de febreiro nun obradoiro con María Ramos, exalumna do centro e especialista en deseño tipográfico.
Primeiramente, realizou un percorrido histórico e afondou na diferenza entre caligrafía, lettering e tipografía.
Posteriormente, realizouse o traballo práctico de creación ex professo dunha tipografía para uns versos do poemario Follas Novas de Rosalía de Castro.
Esta semana celebramos o 24 de febreiro, o día do nacemento da
escritora galega Rosalía de Castro. Como este curso non se pode
realizar ningunha actividade presencial, propoñémosvos varias
ligazóns a diferentes iniciativas que se levan a cabo estes días.
Seguro que algunha vos interesa!
Desde
hai varios anos a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua
Galega (AELG) promove a redacción dun ‘manifesto’ por parte
dunha escritora ou dun escritor que conmemora a figura de Rosalía de
Castro no aniversario do seu nacemento. Este ano é de Anna R.
Figueiredo e comeza así:
Manifesto
da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega no Día de
Rosalía de Castro 2021
Miña
Santiña, miña santasa, miña cariña de calabasa: hei de
emprestarvos os meus pendentes, hei de emprestarvos o meu collar.
Todo iso che hei de dar, santa, se me deixas bailar, todo iso. As
fotos do instagram,
os vídeos en directo, o streaming
das voces, os reels
e o youtube.
Todo iso, santiña, che empresto se me deixas bailar, se me deixas
tirar o pano, abrir a boca, bicar, apertar, atopar, ir á festa,
danzarlle ao punto… miña santasa coa
cariña linda de calabasa, déixame
ser que este mundo hoxe moito ten daquel Santiago do 53 co cólera
nas rúas baleiras e as necesidades daquela volven nas almas, santa,
volven e precisamos do teu falar.
Para
coñecer un pouco máis á nosa escritora podedes visitar a web da
Fundación Rosalía de Castro e a Casa Rosalía. Aí tedes a súa
biografía e a súa obra, alén de imaxes da poeta ou información da
casa-museo onde pasou os últimos anos da súa vida.
E
nada mellor que celebrar esta data escoitando algúns dos poemas de
Cantares Gallegos. Para iso lembramos unha iniciativa do programa da Radio Galega ‘Diario Cultural’ do ano 2014. Materializouse
nun audiolibro: De Cantares Hoxe. 36
poetas dialogan cos Cantares
Gallegos de
Rosalía de Castro,
publicado
xunto
coa
Fundación Rosalía de Castro e a Deputación da Coruña. Como
din Ana Romaní, Anxo Quintela e Xiana Arias na introdución, o
audiolibro é o resultado de
“… a escrita
por parte de 36 poetas dun texto inédito a partir dos poemas de
Cantares Gallegos.”
Escoitaredes primeiro o
poema da/do poeta que seleccionedes e a continuación o poema de
Rosalía de Castro recitado por Pilar García Rego.
Outra
iniciativa deste ano, neste caso de Elefant Records, lévanos á
música de Lia Pamina e os Peregrinos. O seu último traballo
xuntos é Lúa Descolorida: Tributo a Rosalía de Castro.
Este é o primeiro tema, ‘Follas Novas’.