Amosando publicacións coa etiqueta recomendacións. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta recomendacións. Amosar todas as publicacións

venres, 7 de xuño de 2024

Unha película recomendábel!

 Para rematar este curso as alumnas de Grego I, Lucía, Soraya e María, recoméndanvos unha das películas que tedes na nosa biblioteca.

 

E fano neste podcast: 


Para ver este verán!!

Que a gocedes!!

venres, 26 de abril de 2024

 

Recomendación lectora

Levamos meses traballando na elaboración dun herbario a partir da novela Flores de ferro de María Rei Vilas. Non só atendemos ao aspecto puramente botánico senón que tamén nos centramos en apartados artísticos, históricos e filolóxicos. A vosa compañeira Amalia Blanco Pose (2º de bacharelato A) realizou unha crítica histórico-literaria desta narración e convídavos á súa lectura. ANIMÁDEVOS!!!






domingo, 18 de xaneiro de 2015

Andrea Insua Ramos opina sobre "Las zapatillas de ballet"

   
     O libro Las zapatillas de ballet pareceume precioso. Encantoume a historia destas tres "irmás" que loitan polos seus soños a pesar das adversidades da vida. Estas mostran ser moi maduras e bastante responsables para a súa idade. Isto foi unha das cousas do libro que máis me chamou a atención, xa que nalgunhas das súas intervencións mesmo parece que reflexionan e se expresan coma se fosen persoas adultas. Outra das cousas que me gustou do libro foi o seu final. Este móstranos cal vai ser o futuro das rapazas, pero sen avanzar na historia, polo que abre unha gran porta á imaxinación do lector.
                                                                                       

     Andrea Insua Ramos



mércores, 8 de outubro de 2014

O Club de Lectura recomenda



     Xa lemos Emigrantes.



   

      Podes atopar información sobre o autor aquí.




  Ofrecémosche unha curtametraxe de Shaun Tan que recibiu numerosos premios.