sábado, 28 de marzo de 2026

Castelao no Día do Teatro


O venres 27 de marzo celebramos o Día do Teatro coa representación da obra "Castelao, un corazón á intemperie", unha produción de Fantoches Baj. Monicreques, música tradicional e teatro de máscaras para recoñecermos a figura de Castelao interpretando pequenas partes das súas obras.




 
 
 
Após a morte de Castelao o 7 de xaneiro de 1950, nun tempo no que en Galicia non era posible chorar a súa perda, o dramaturgo e director de escena Daniel Varela Buxán decide render, nun acto privado diante da súa veciñanza, a súa particular homenaxe ao rianxeiro. 
 
 
 
 
  
Representa con marionetas parte da súa obra: contos de ‘Cousas’ (“Panchito” e a “Marquesiña”); narracións de ‘Retrincos’ (“Sabela” e “O inglés”), escenas de “Os vellos non deben namorarse” e o o monólogo do esqueleto en “Un ollo de vidro”.
 
  
 
 
 

 
 

 

 
 




 

 

venres, 27 de marzo de 2026

Exposición "Teatro de sombras chinesas"

 Lembramos o Día do Teatro, o 27 de marzo.


 

Na entrada do edificio principal temos esta exposición que mostra unha pequena parte da actividade desenvolvida o pasado curso polo alumnado de Artes Plásticas.

 

A partir do texto "El-rei Artur e a abominable dama" deseñaron as siluetas dos personaxes que agora podedes ver de preto.


 

 


 

 

 

 

 

Se queredes coñecer como representaron este obra coa técnica do teatro de sombras chinesas, podedes premer na entrada

 "Estrea teatral" 

E se queredes ver a obra o día da estrea, premede no seguinte vídeo

Teatro de sombras chinesas 


 

martes, 10 de marzo de 2026

Obradoiro de regueifas

 Regueifando con Lupe Blanco

    O martes 3 de marzo o alumnado de segundo da ESO tivo o pracer de asistir ao Obradoiro de Regueifas impartido por Lupe Blanco, unha das voces máis importantes desta arte da improvisación oral. Esta actividade foi organizada polo Departamento de Lingua Galega e Literatura e a Biblioteca.

    Despois de interiorizaren os conceptos de rima, métrica e melodía, os rapaces e rapazas gozaron creando as súas propias coplas para despois interpretalas ante o resto do alumando.



    Foron momentos de diversión, de risos e de boa dose de creatividade, deixando claro que no IES Terra do Xallas chispa non falta.



Estampaxe de tecidos

Estampaxe de tecidos con Xiana Cobo


    O alumnado de Debuxo Artístico de 1º de bacharelato participou nun obradoiro de estampaxe de tecidos coa Xiana Cobo.             

                              

    O martes 24 de febreiro tivo lugar, durante cinco horas, a primeira sesión, dedicada a introducir entre o alumnado a figura da grande artista galega Maruxa Mallo. 


    Deseguido realizáronse os selos para a estampaxe. Este labor consistiu en debuxar as figuras e pasalas a unhas pranchas de goma. Precisaron aprender o uso de determinadas ferramentas como as gubias e tamén efectuaron prácticas con pintura morada. Aínda que realizaron os seus propios selos, tamén puideron probar os selos de Xiana Cobo.



    O xoves 26 de febreiro, durante outras cinco horas, desenvolveuse a segunda sesión, destinada á elaboración e estampaxe do seu propio pano. Finalmente, tiveron unha introdución á técnica do ourelo de rolo para evitar que o tecido se esfiañe.

                                        

                  

Parabéns polo resultado!!!