Xa falta pouco para celebrarmos o Día das Letras Galegas con Música e Poesía. Podes ver unha parte do ensaio de Sara e Youssef no seguinte vídeo. Do poemario En concreto, Sara escolleu recitar "Obelisco" e os dous tocan a darbouka.
Non esquezades acudir o próximo xoves 16 de maio á seguinte actividade!!!
Neste ano 2023 cúmprense sesenta anos celebrando o día das Letras Galegas. E sabedes quen foi un dos promotores? Francisco Fernández del Riego (1913-2010) propuxo, xunto a outros académicos, a creación dunha "xornada oficialmente adicada a honrar os nosos libros" o 17 de maio. Querían celebrar unha festa reivindicativa da cultura, da lingua, da identidade galega, e o libro era daquela, 1963, o símbolo dese prestixio.
No sesenta aniversario desta celebración a Real Academia Galega honra a súa figura, a dun "activista da cultura galega e de Galicia como nación que nunca se rendeu", en palabras do Presidente da RAG, Víctor Freixanes.
Mais, quen foi? Tedes na biblioteca varias obras da súa autoría (Galicia, As peregrinacións xacobeas, Pensamento galeguista do século XIX, Pensamento galeguista do século XX e Historia da literatura, ademais de algún vocabulario) e dúas biografías que volo presentan de forma amena.
Tamén hai moito material dixital que vos vai axudar a coñecer mellor todo o que fixo este escritor, xornalista e editor, que participou en varios proxectos do grupo Nós e do Seminario de Estudos Galegos, e foi un dos fundadores da Editorial Galaxia e da revista Grial.
Na web da RAG tedes unha biografía escrita en 3 actos por Eva Mejuto e ilustrada por Lucía Cobo titulada "As cousas de don Paco", que vos recomendamos ler.
Hai outras máis extensas como a que está no Álbum de Galicia do Consello da Cultura Galega de Malores Villanueva ou a da propia Academia, realizada por Ramón Nicolás.
Tamén podemos ver varios vídeos que nos explican en 6 capítulos toda a súa contribución á cultura galega.
Mais se preferides xogar tedes varias propostas no portal Primavera das Letras. Que vos parece comezar por 'Ánxel Casal e o libro galego'? Foron amigos e Del Riego escribiu un libro para renderlle unha homenaxe polo seu labor, despois de ser asasinado Casal polos golpistas no 36. E falando de libros, o autor homenaxeado nestas Letras tivo un papel fundamental na creación e dirección da Biblioteca Penzol (en Vigo), chegando a ceder uns 30.000 volumes da súa propia biblioteca.
Coñecer a obra deste autor faise difícil, pois "A súa sinatura está presente en máis de 150 monografías, traballou como prologuista, editor literario ou tradutor en case un cento de títulos e asinou máis de 4.000 colaboracións en publicacións periódicas." Cultivou o ensaio sobre a cultura e a literatura galegas, estranxeira e a literatura de viaxes. Redixiu varias biografías, deu ao prelo dúas antoloxías poéticas e editou varios vocabularios galego-castelán. Se queredes ver unha listaxe completa, mirade aquí.
Nós queremos salientar dúas facetas súas: por unha banda, Fernández del Riego mantivo sempre unha activa correspondencia con diferentes figuras do panorama intelectual e político da súa época nun extenso epistolario. Por outra banda hai que resaltar o seu labor como divulgador da cultura galega na radio inglesa BBC, no programa 'Galician Programme', desde 1947 até 1956. Foi a primeira programación estábel no noso idioma. Mostra tamén do seu labor radiofónico foron as colaboracións semanais que mantivo no Diario Cultural da Radio Galega nos anos 1991 e 1992.
Estes días pasados o EDLG en colaboración coa Biblioteca propúxovos un concurso de podcast, 'A miña contorna', para coñecerdes a relevancia deste persoeiro e a súa obra. Esta Semana das Letras saberemos que crónicas obteñen premio. Sorte a todas!!
Despois de escoitar algúns poemas de Florencio
Delgado Gurriarán este venres pasado nas voces de algunhas alumnas e
alumnos do noso centro, podemos ler a súa biografía escrita por Ledicia
Costas con ilustracións de Branca Millán na web da Real Academia da
Lingua (que é quen promove esta celebración). Son catro capítulos breves, así que vos animamos a lelos nestes enlaces:
Despois de ler a súa biografía, animádesvos a xogar con esa información? Na web da RAG tamén hai algún xogos sinxelos como ordenar as imaxes seguindo a súa vida, ou unha sopa de letras con nomes de lugares de Galiza e outros, ou un encrucillado con algúns datos da súa vida e obra, ou un xogo 'musical' dado que a el lle gustaba moito a música.
Se precisades máis información non deixedes de consultar todo o material biográfico, literario e audiovisual que hai na web da RAG.
Para rematar este vídeo de Xabier Díaz e as Adufeiras do Salitre, O baile de Noró, que aparece nun dos xogos que vos propuxemos.
""Benvida, tripulación!
Estades no peirao da Real Academia Galega, base principal do Primavera
das Letras, un buque ao que cada ano soben milleiros de nenos e nenas
cunha misión: coñecer a protagonista do Día das Letras Galegas...."" http://primaveradasletras.gal/
Así comeza unha das seccions da web da Academia Galega, promotora, cada ano, en difundir a obra dunha galega ou dun galego, importante para a nosa lingua, para na nosa cultura. Este ano dedícase a unha poeta, tradutora e mestra,
XELA ARIAS.
Pois..., non sei se o sabedes, mais... Xela comezou a dar aulas no noso instituto. En Intempestiva. Unha biografía (literaria)de Xela Arias escrita por Montse Penas aparece isto:
Como todos os anos, hai moita información sobre a homenaxeada. Propómosvos comezar a viaxe coñecendo quen foi esta muller neste "Telexornal de ficción", realizado polo CPI Plurilingüe dos DIces, Rois:
No seguinte enlace á web do IES San Paio podedes ver unha "Cronoxeliña", unha liña do tempo sobre a súa vida: Cronoxeliña. E despois poderedes completar este encrucillado sen problemas: Encrucillado.
No IES Concepción Arenal realizaron esta presentación con moita información sobre Xela Arias: Presentación.
En varias webs podedes atopar moita información sobre esta autora. Deixamos varios enlaces para coñecer a súa biografía e a súa obra.
Na biblioteca tedes este volume onde está toda a súa obra, Xela Arias. Poesía reunida (1982-2004) de Mª Xesús Nogueira.
Tamén podemos escoitar algúns dos seus poemas en diferentes versións musicais. Aquí tedes algúns exemplos de A banda da Loba, Margarida Mariño ou Germán Son:
Como xa saberás, hoxe é o día das letras galegas e, aínda que sexa un pouco estrano, non podemos esquecer ao homenaxeado: don Ricardo Carvalho Calero. Para coñecer mellor a esta figura imprescindible das letras galegas, propoñémosvos unha viaxe a través da liña do tempo que elaborou o equipo da biblioteca do IES San Paio.
E despois, poñedes poñer a proba os vosos coñecementos sobre "don Ridardo" a través deste xogo.