Amosando publicacións coa etiqueta Día das Letras Galegas 2025. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día das Letras Galegas 2025. Amosar todas as publicacións

xoves, 15 de maio de 2025

Regueifas para celebrar o Día das Letras Galegas

 Celebramos o Día das Letras Galegas cun obradoiro de regueifas



O pasado martes, 6 de maio, o departamento de Lingua Galega e Literatura xunto coa Biblioteca organizamos un obradoiro de regueifas dirixido ao alumnado de 2º da ESO. Con el quixemos homenaxear ás cantareiras, ás que se lles dedica este ano o Día das Letras Galegas.



O Rabelo e Big Meu impartiron o obradoiro e fixéronnos rir ben coas súas magníficas improvisacións.





As alumnas e alumnos experimentaron coas melodías, coas rimas e saíron coplas do máis divertidas, onde o noso centro foi o protagonista.



Foi un divertimento do máis creativo!












mércores, 14 de maio de 2025

Obradoiro de danza con Mondra

 Obradoiro de danza con Mondra



Celebramos o Día das Letras Galegas con Mondra.

Aprendemos que era unha foliada, onde e cando se celebraban, 

que instrumentos tocaban, 

que se bailaba... 

e, fundamentalmente, homenaxeamos a nosa literatura popular de tradición oral e as nosas cantareiras. 

Pasámolo moi ben!!!