Amosando publicacións coa etiqueta Obradoiro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Obradoiro. Amosar todas as publicacións

martes, 10 de marzo de 2026

Obradoiro de regueifas

 Regueifando con Lupe Blanco

    O martes 3 de marzo o alumnado de segundo da ESO tivo o pracer de asistir ao Obradoiro de Regueifas impartido por Lupe Blanco, unha das voces máis importantes desta arte da improvisación oral. Esta actividade foi organizada polo Departamento de Lingua Galega e Literatura e a Biblioteca.

    Despois de interiorizaren os conceptos de rima, métrica e melodía, os rapaces e rapazas gozaron creando as súas propias coplas para despois interpretalas ante o resto do alumando.



    Foron momentos de diversión, de risos e de boa dose de creatividade, deixando claro que no IES Terra do Xallas chispa non falta.



Estampaxe de tecidos

Estampaxe de tecidos con Xiana Cobo


    O alumnado de Debuxo Artístico de 1º de bacharelato participou nun obradoiro de estampaxe de tecidos coa Xiana Cobo.             

                              

    O martes 24 de febreiro tivo lugar, durante cinco horas, a primeira sesión, dedicada a introducir entre o alumnado a figura da grande artista galega Maruxa Mallo. 


    Deseguido realizáronse os selos para a estampaxe. Este labor consistiu en debuxar as figuras e pasalas a unhas pranchas de goma. Precisaron aprender o uso de determinadas ferramentas como as gubias e tamén efectuaron prácticas con pintura morada. Aínda que realizaron os seus propios selos, tamén puideron probar os selos de Xiana Cobo.



    O xoves 26 de febreiro, durante outras cinco horas, desenvolveuse a segunda sesión, destinada á elaboración e estampaxe do seu propio pano. Finalmente, tiveron unha introdución á técnica do ourelo de rolo para evitar que o tecido se esfiañe.

                                        

                  

Parabéns polo resultado!!!



xoves, 15 de maio de 2025

Regueifas para celebrar o Día das Letras Galegas

 Celebramos o Día das Letras Galegas cun obradoiro de regueifas



O pasado martes, 6 de maio, o departamento de Lingua Galega e Literatura xunto coa Biblioteca organizamos un obradoiro de regueifas dirixido ao alumnado de 2º da ESO. Con el quixemos homenaxear ás cantareiras, ás que se lles dedica este ano o Día das Letras Galegas.



O Rabelo e Big Meu impartiron o obradoiro e fixéronnos rir ben coas súas magníficas improvisacións.





As alumnas e alumnos experimentaron coas melodías, coas rimas e saíron coplas do máis divertidas, onde o noso centro foi o protagonista.



Foi un divertimento do máis creativo!












mércores, 14 de maio de 2025

Obradoiro de danza con Mondra

 Obradoiro de danza con Mondra



Celebramos o Día das Letras Galegas con Mondra.

Aprendemos que era unha foliada, onde e cando se celebraban, 

que instrumentos tocaban, 

que se bailaba... 

e, fundamentalmente, homenaxeamos a nosa literatura popular de tradición oral e as nosas cantareiras

Pasámolo moi ben!!!

xoves, 10 de abril de 2025

Teatro de sombras chinesas

                Silencio!!! Estamos ensaiando!!!

      
                                                       

   Comezaron os ensaios, baixo a dirección de Kukas e coa colaboración de Cristina e Kike, da obra de teatro que imos poñer en escena: El-rei Artur e a abominable dama, de Carmen Domech, Jorge Rey e Marilar Aleixandre.

   Nesta obra, o alumnado de Debuxo Artístico de 1º de bacharelato e 4º da ESO, elaborou todo o necesario para unha representación con sombras chinesas: o escenario, as figuras...

Esperamos que vos guste!!!



luns, 17 de febreiro de 2025

Teatro de sombras chinesas


Teatro de sombras chinesas con

Kukas


Seguimos avanzando no deseño e na  elaboración dos personaxes. Algúns están xa rematados. Mirade que ben están quedando!

    




















Tipografía

Obradoiro tipográfico con María Ramos

 Homenaxe a Rosalía de Castro 





 O alumnado de 1º de bacharelato participou o pasado 3 de febreiro nun obradoiro con María Ramos, exalumna do centro e especialista en deseño tipográfico. 

                

Primeiramente, realizou un percorrido histórico e afondou na diferenza entre caligrafía, lettering e tipografía. 

                   

Posteriormente, realizouse o traballo práctico de creación ex professo dunha tipografía para uns versos do poemario Follas Novas de Rosalía de Castro.



             











xoves, 19 de decembro de 2024

Sombras chinesas

Teatro de sombras chinesas 

Kukas


     Hoxe comezou un proxecto que o Departamento de Artes Plásticas e a Biblioteca desenvolverán ao longo deste curso: teatro de sombras chinesas. 


Será o alumnado de Debuxo artístico de 4º ESO e 1º de bacharelato quen contará, igual que o pasado ano para o proxecto cabezudo, coa inestimable axuda de Kukas. 



    Esta primeira sesión centrouse nun achegamento ás características propias deste tipo de teatro, o uso da luz, os materiais adecuados para as figuras, as técnicas de elaboración destas.


luns, 11 de novembro de 2024

Ex libris e cartelería antiga

Ex libris e cartelería antiga

con Alouette Machine



    Xa podedes ver no vestíbulo do instituto as creacións do alumndo de 1º ESO. Era a primeira vez que traballaban con técnicas anticuadas e materiais antigos (tipografías de madeira, prensas de impresión...) mais os resultados son óptimos. Que opinades?





    No obradoiro de ex libris o alumnado de 1º de bacharelato de Debuxo artístico utilizou materiais e técnicas que descoñecían, malia iso o froito do seu traballo é excelente.






martes, 22 de outubro de 2024

Obradoiro tipografía antiga

Obradoiro con Alouette Machine

Imprenta, tipografía e cartelería antigas


      


    Para celebrarmos o Día das Bibliotecas Escolares recibimos a visita de Alouette Machine e o alumnado de 1º ESO puido coñecer a técnica de impresión de carteis con tipografías de madeira antigas. Foron unhas horas de aprendizaxe práctica divertidas e con bos resultados.







Obradoiro ex libris

Obradoiro de ex libris 

con Alouette Machine





    Nesta semana en que se celebra o Día das Bibliotecas Escolares visitáronnos os integrantes de Alouette Machine para realizaren un obradoiro de ex libris. O alumnado que cursa a materia Debuxo Artístico en 1º de bacharelato puido coñecer e afondar na técnica de elaboración dun ex libris. Ao mesmo tempo, tamén tiveron información sobre a impresión e as tipografías antigas.




    Foron unhas horas de práctica e aprendizaxe que deron magníficos resultados.