xoves, 21 de decembro de 2023

Hebario Flores de ferro, María Rei Vilas



Herbario Flores de ferro, María Rei Vilas


                              


Partindo dunha proposta do Equipo de Biblioteca, a comezos do mes de novembro e coincidindo coa celebración do Mes da Ciencia en Galego, iniciamos un fermoso proxecto, a elaboración do herbario da novela de María Rei Vilas Flores de ferro


               


Neste traballo están implicados moitos departamentos do noso centro (Debuxo, Bioloxía, Latín, L. Galega, L. Castelá, Inglés, Francés). Ademais, len este libro en Historia de España, 2º de bacharelato, e no club de lectura Entre páxinas!



                  


A preparación deste herbario levaranos unha grande parte deste curso, pero xa podedes ir vendo como vai avanzando o traballo.



Queremos felicitar especialmente ao alumnado de Debuxo Artístico de Cristina Durán e de Cultura Científica de Josefa Facal polo extraordinario traballo que están realizando.













Regueifando

 

Regueifando co Rabelo e Lorena



Rabelo e Lorena estiveron este martes, 19 de decembro, realizando un obradoiro co alumnado de 2º ESO para ensinarlles a regueifar.









mércores, 20 de decembro de 2023

Teatro. A parábola do angazo


     Hoxe o alumnado de 4º ESO, 1º e 2º BAC, 2º FPBásica de Cociña e Restauración e 1º Xestión Administrativa fomos ver unha divertida comedia do grupo Talía Teatro.

martes, 5 de decembro de 2023

Premios Concurso de Fotografía Matemática


Premios Concurso de Fotografía Matemática




Parabéns a Carlos, Carlota, Anxo, Álvaro, Ainoa, Darío, Nouhaila e Arlet!!!

No seguinte vídeo podedes ver as fotografías premiadas e todas as que se presentaron ao concurso.  


 


Graciñas pola vosa participación!!!




xoves, 30 de novembro de 2023

A meiga Comba



A nosa cabezuda xa está rematada e xa ten nome: Comba.


                 
                    




Parabéns a Kukas, a Cristina, ao alumnado de Debuxo Artístico de 1º e 2º de bacharelato e ao Ateneo Xalleiro!!!


                            


Cando teña o vestido, poderá saír festexar polas rúas de Santa Comba.


             



                        


                             



                    















Fieitas

 



Este martes, 28 de novembro, presentamos Fieitas 1. Con esta iniciativa o Equipo da Biblioteca pretende amosar e valorizar a creatividade e imaxinación do noso alumnado.



Neste primeiro número, recollemos unha escolma dos microrrelatos e ilustracións realizados o pasado curso, partindo dunha proposta do Equipo de Dinamización Lingüística, nas clases de Lingua Galega e Literatura co gallo da celebración do 25 N (Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres).


mércores, 22 de novembro de 2023

25 N. 52 historias menos





52 historias menos




O alumnado de 1º ESO tamén participou nesta actividade que homenaxea as 52 mulleres asasinadas este ano.


         







Kukas no instituto

 


Hoxe había que traballar pintando o cabezudo, mais non estaba seco e aproveitamos o tempo con Kukas elaborando máscaras e helicópteros de papel.












Mirade como voan!











martes, 21 de novembro de 2023

52 historias menos - 25N

52 historias menos




      Nesta semana do 25N (Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres), a biblioteca quere renderlle unha homenaxe ás 52 mulleres asasinadas este ano e, asemade, denunciar este grave problema que nos caracteriza como unha sociedade enferma.






                                  








Agradecemos ao alumnado (1º e 2º de bacharelato e 3º e 4º da ESO) da profesora de Plástica Cristina Durán Arufe que colaborase na realización desta actividade.


             















 

mércores, 8 de novembro de 2023

Elaboración de dous cabezudos

 


     Hoxe comezou o obradoiro de elaboración de dous cabezudos. O obxectivo é a recuperación destas figuras nas festas. 



     Para isto contamos coa colaboración do grande artista Kukas (preme aquí se queres saber máis da súa obra), que durante varios días guiará o alumnado de Debuxo Artístico de 1º e 2º de bacharelato.




      Tamén temos que agradecer ao Ateneo Xalleiro e á profesora Cristina Durán Arufe que quixesen contar con nós para levar á práctica esta fermosa actividade.



     Mirade o proceso de elaboración nas seguintes fotos e no vídeo. Realízase seguindo a técnica artesá tradicional do cartón pedra. Están traballando, seguindo as indicacións de Kukas: Diego, Carla, Lucía, Soraya, Nouhaila, Ayesha, Paula, Arlet, Andrea M., Andrea O., María, Daniela, Andrea Q., Vanessa, Fátima, Paula, Irene e Cristina.