Amosando publicacións coa etiqueta Día do Libro 2025. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día do Libro 2025. Amosar todas as publicacións

martes, 8 de abril de 2025

Concurso ilustración

 Concurso de Ilustración - Día do Libro

   Celebramos o Concurso de Ilustración con moita participación do alumnado. Ademais de utilizar a biblioteca, usamos a biblioterraza e unha aula.

   Nesta ocasión, homenaxeamos a poesía popular oral, á que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas. 


   O alumnado debía crear unha ilustración inspirándose nos seguintes versos populares que tamén glosou Rosalía de Castro.

Eu ben vin estar o moucho

enriba daquel penedo:

¡Non che teño medo moucho,

moucho non che teño medo!



Moita sorte!!!


luns, 7 de abril de 2025

Concurso literario 2025

 Concurso literario - Día do Libro 2025


   O pasado martes, 1 de abril, celebramos o concurso literario con motivo do Día do Libro. 

    

   Nesta ocasión quixemos homenaxear a poesía popular oral, á que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas. O alumnado debía inspirarse nos seguintes versos:


Eu ben vin estar o moucho

enriba daquel penedo:

¡Non che teño medo moucho,

moucho non che teño medo!


                 

   Moita sorte!!!