Amosando publicacións coa etiqueta Club de Lectura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Club de Lectura. Amosar todas as publicacións

mércores, 7 de decembro de 2022

Tamara Andrés no Recuncho da Tinta Violeta


 Hoxe a escritora e tradutora Tamara Andrés estivo falando do seu libro Irmá paxaro coas alumnas do club de lectura O Recuncho da Tinta Violeta. Un libro finalista no I certame de literatura xuvenil María Victoria Moreno. Tamén impartiu un obradoiro de creación literaria do que saíron textos ben interesantes. 

Todo un luxo escoitala e participar na actividade seguindo as súas propostas...como a de facer tamén... un paxaro azul?...


 

No medio da miña propia espiral

fun envexa, corrosión e,

cando me dei conta, 

intentei xirar sobre min

co fin de atopar o meu comezo,

mais só me retorcía, perdida: 

nada tiña inicio,

tampouco fin,

deviñera eterna. 

Estes son versos da súa obra Nenaespiraes coa que gañou en 2015 o Concurso de Poesía O Facho. Un libro en que se recollen composicións sobre a súa concepción do mundo. Ese mesmo ano publicara a novela Amentalista, un particular homenaxe a René Magritte, que en 1946 deu a coñecer 'O manifesto do amentalista'. 

No blog de Tamara Andrés, Temps oubliés, podedes ler un fragmento, ademais de ter información de toda a súa obra e proxectos. Nós destacamos algunhas.

Xogos surrealistas é un conxunto de poemas publicados no libro Premio 2014 de relato, poesía e tradución da Universidade de Vigo. Está en Xerais e é do ano 2014.

Corpo de Antiochia, publicada en 2017 por Galaxia, quedou finalista no certame de poesía Miguel Hernández. En 2019 publica Bosque vermello en Positivas.

Tamara Andrés tamén publica en formato dixital. La metafísica del circo é un proxecto fotográfico e de creación literaria do que é coautora xunto a Natalia Luz Striccoli Gozza. Colabora na plataforma de traducións Sagas e na revista dixital/gabinete de curiosidades La piedra de Sísifo.

Foi guionista da curtametraxe 'Tiempos olvidados', que podedes ver aquí.

E se tedes interese en coñecer o seu labor como tradutora, podedes ler Bruxas a morta de Georges Rodenbach na Biblioteca Virtual de Literatura Universal en Galego. Tamén atoparedes na editorial Kalandraka outras traducións súas.




xoves, 10 de febreiro de 2022

Conversa literaria con Carmen García de la Cueva

 

O Club de Lectura 'O Recuncho da Tinta Violeta' terá unha conversa literaria o vindeiro martes día 15 coa escritora, xornalista e editora Carmen Garcia de la Cueva. Despois de ler 'Mamá, quiero ser feminista', as integrantes do Club, xunto con algunhas alumnas de 2º de BACH que leron tamén o seu libro, asistirán á charla 'Esta soy yo. Maneras de contar la propia vida' e poderán compartir coa autora impresións, opinións e afectos. A continuación impartirá un Obradoiro de escrita autobiográfica na nosa biblioteca.

Ademais deste libro Carmen G. de la Cueva publicou  Un paseo por la vida de Simone de Beauvoir en 2018 e Tranquilas: historias para ir solas por la noche en 2019. Se aínda non lestes nada dela, non dubidedes en coller algún dos exemplares que temos na biblioteca!

Como xornalista colaborou en varios diarios de tirada estatal e actualmente faino na sección de Opinión de eldiario.es e en CTXT (Revista Contexto), un medio dixital moi recomendábel onde podemos ler noticias de forma analítica e pausada. Xa avisa a cabeceira deste xornal: "Orgullosas de llegar tarde a las últimas noticias". Poñémosvos o enlace ao seu último artigo aquí.

Tamén é unha das protagonistas do vídeo #Amitambién me ha pasado publicado por eldiario.es.

Ademais, Carmen G. de la Cueva foi a directora da editorial feminista La Señora Dalloway despois de creala xunto a Ángelo Néstore e Martín de Arriba en 2014. Ese mesmo ano creou La tribu. Una casa propia, un 'espazo de diálogo, lectura e aprendizaxe' , '...deixa de ser un cuarto compartido para convertirse nunha casa propria chea de cuartos e espazos onde poder criar, coidar e crear en común...' Paga a pena que visitedes 'esta súa casa' neste enlace.

O Club de Lectura, a Biblioteca e o seu equipo estamos encantadas con esta visita tan especial e emocionante!

Este encontro coa autora enmárcase dentro do Programa de Actividades Literarias en Institutos de Ensino Secundario que promove o Ministerio de Cultura e Deporte.

 

luns, 7 de maio de 2018

Obradoiro con Carmen G. de la Cueva

O pasado 3 de abril o club de lectura feminista "O recuncho da tinta violeta" recibiu á xornalista e escritora Carmen G. de la Cueva.




Ela é autora do libro titulado Mamá, quiero ser feminista, editado por Lumen, e que está a ter unha grande repercusión entre as lectoras.



As nosas alumnas do club leron o libro e gustoulles tanto que decidimos convidar a Carmen á nosa biblioteca. Ela fixo con nos un faladoiro sobre as autobiografías femininas (sobra todo as dos últimos anos) e tamén impartiu un obradoiro de escritura autobiográfica. Todas participamos con moita ilusión e aprendimos moitísimo sobre a escritura de mulleres moi interesantes, pero ás veces inxustamente esquecidas.

Ao final, Carmen sorteou un exemplar do libro Teoría King Kong de Virgine Despentes




Tamén nos falou sobre o grupo que ela dirixe: La tribu. Animámovos a consultar a súa páxina web coa revista virtual do mesmo nome. Tamén nos falou das xornadas feministas de "La tribu" que se celebrarán en Sevilla os días 28, 29 e 30 de xuño.

luns, 12 de xuño de 2017


Hoxe   celebramos  a  última  reunión    do noso club  de  lectura.



Despedímonos  cunha  preciosa obra  de  Carmen  Quinteiro, Caleidoscopio, na  que  se  recollen poemas  e  microrrelatos da  autora  pontevedresa.


                                        


     Se  seguides o enlace  atoparedes  un poema  recitado pola  propia  autora:  Travesía





O  vindeiro  curso  reencontrarémonos
  neste noso 
 Recuncho  da  tinta  negra







venres, 26 de maio de 2017

O  luns,  5  de  xuño,

reunirémonos  para  comentar  a  novela  
de  Agatha  Christie

Asasinato  no  Orient  Express




asasinato no orient express-agatha christie-9788482883861

xoves, 9 de marzo de 2017

O  luns,  24 de  abril,  

reunirémonos  

para  comentar a  novela  de  

Mary  Ann  Shaffer 

(realizada  en colaboración  coa súa  sobriña Annie  Barrows) 

A  sociedade  literaria  

e do  pastel  de  pel  de  pataca  

de  Guernsey


portada_guernsey_web





domingo, 5 de marzo de 2017



Xa  comentamos

Los  amantes  mariposa  
de  
Benjamin  Lacombe


O  luns, 6  de  marzo
reunirémonos  de novo  para  comentar
Emigrantes
de  Shaun  Tan

emigrantes-shaun tan-9788493481162


Se  queredes  ter  máis  información  sobre  o  autor,  
aquí  tendes  un  enlace  á  súa  páxina  oficial:

luns, 30 de xaneiro de 2017


                          Hoxe   comentamos  Rebeldes,
                  a  novela  de  Susan E.  Hinton.







O  vindeiro  luns, 6 de  febreiro,
reunirémonos  para  ler  e  comentar ... 
 o  que?  Ah!

              Esperámosvos  na  biblioteca.

domingo, 20 de novembro de 2016

Próxima  reunión  do  club  de lectura


O  luns,  5  de  decembro,
comentaremos


EL  HOGAR  DE  MISS  PEREGRINE  

PARA  NIÑOS  PECULIARES

de

RANSON  RIGGS


el hogar de miss peregrine para niños peculiares-ransom riggs-9788427900301


 A  historia  que  conta    é  igual  de  peculiar  ca  os  seus  protagonistas. Ranson Riggs inspirouse  nunha  serie  de  extrañas  fotografías  antigas que  amosaban  a  nenos  facendo cousas  extraodinarias.
 A  novela  conta  xa  cunha  versión  cinematográfica  dirixida  por  Tim  Burton.




venres, 30 de setembro de 2016

 
O Recuncho  da  tinta  negra

inicia  unha  nova  andaina

O  luns, 3  de  outubro,   reencontrarémonos  na  biblioteca  ás 15.40 

luns, 25 de maio de 2015

Próxima reunión do club



O  luns, 1 de  xuño

reunirémonos por  última  vez  neste  curso
 e  comentaremos

Dez  negriños

de Agatha  Christie


Grazas  a todos  e todas por acudir  a  este  Recuncho  da  tinta negra.

Resultou  unha  viaxe  emocionante.


venres, 10 de abril de 2015

venres, 6 de marzo de 2015

Próxima reunión do club



O  luns, 23 de  marzo

comentaremos

Papel  estrujado

de  Nadar (Pep  Domingo)





                                                  portada

luns, 23 de febreiro de 2015

domingo, 18 de xaneiro de 2015

Andrea Insua Ramos opina sobre "Las zapatillas de ballet"

   
     O libro Las zapatillas de ballet pareceume precioso. Encantoume a historia destas tres "irmás" que loitan polos seus soños a pesar das adversidades da vida. Estas mostran ser moi maduras e bastante responsables para a súa idade. Isto foi unha das cousas do libro que máis me chamou a atención, xa que nalgunhas das súas intervencións mesmo parece que reflexionan e se expresan coma se fosen persoas adultas. Outra das cousas que me gustou do libro foi o seu final. Este móstranos cal vai ser o futuro das rapazas, pero sen avanzar na historia, polo que abre unha gran porta á imaxinación do lector.
                                                                                       

     Andrea Insua Ramos



Próxima reunión do club para o alumnado de Bacharelato

O  luns,  9 de  febreiro

comentaremos  comparativamente  

Hamlet  

de  William  Shakespeare


e

O  incerto  Señor don  Hamlet, príncipe  de  Dinamarca

de  Álvaro  Cunqueiro

«O incerto Señor Don Hamlet príncipe de  Dinamarca». Editorial Galaxia, Vigo, 1997 (8)

Próxima reunión do club para o alumnado de ESO

 O  luns,  2  de  febreiro

comentaremos

Un  estudio  en  escarlata

de  Arthur  Conan  Doyle

Un estudio en escarlata


    A novela foi  publicada por  vez  primeira  en 1887 e  nela  o  detective Sherlock  Holmes enfróntase, coa  inestimable  axuda  do  doutor  Watson, ao  seu  primeiro  caso. É  aquí onde nace oficialmente  o  investigador  máis  famoso  de  todos os  tempos: un tipo  peculiar, ávido lector que toca  un Stradivarius, goza  fumando  en pipa, mestre  do  distraz,  intelixente, cunhas  dotes  fóra do común  para  o  razoamento  deductivo e  que  examina  o  mundo  a través  dunha  lupa.

luns, 8 de decembro de 2014

Próxima reunión do club

Se  o  prefires, tamén  para  o  luns, 12 de  xaneiro


podes ler  algúns  relatos  de

As  aventuras de Sherlock  Holmes

de  Arthur  Conan  Doyle



As aventuras de Sherlock Holmes

   Nesta obra  atoparás  algunhas  das  aventuras   do máis  famoso  detective  de  todos  os  tempos. Nelas Holmes  resolve  os  casos  máis insólitos  grazas á  súa  agudeza e  á  axuda  inestimable  do Dr. Watson.