Amosando publicacións coa etiqueta Concurso cabazas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Concurso cabazas. Amosar todas as publicacións

xoves, 31 de outubro de 2019

ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO DE CABAZAS 2019


O mércores 30 de outubro entregáronse na Biblioteca os premios do concurso de cabazas deste ano. Temos que recoñecer que non nos foi nada doado decidir as cabazas gañadoras dado o gran nivel de execución e imaxinación dos vosos traballos. Pero, como non podíamos premialas todas, esta foi a nosa selección:


PRIMEIRO PREMIO

 LUCÍA GARCÍA (1ºESO B)

SEGUNDO PREMIO

SORAYA PAREDES (1º ESO B)

TERCEIRO PREMIO

   NURIA LOURIDO (1º ESO A)

ACCÉSIT

  MARÍA PARENTE (1º ESO C)

Noraboa a todas as gañadoras!!!
  E grazas a tod@s por participar!!!
 

xoves, 8 de novembro de 2018

SAMAÍN 2018. PREMIOS DO CONCURSO DE CABAZAS



NESTE VIDEO VEREDES O BO TRABALLO QUE FIXO O ALUMNADO DE 1º DA ESO E CALES FORON AS CABAZAS PREMIADAS.





MOITAS GRAZAS A TODOS E A TODAS POLA VOSA CREATIVIDADE. REALMENTE NON FOI DOADO DECIDIR CALES ERAN AS MELLORES!!!

xoves, 9 de novembro de 2017

Premios do Concurso de Cabazas

 
Como sabes, as cabazas participantes deste ano tiñan que se inspirar no Día de Muertos mexicano. A calidade e orixinalidade das cabazas foi moi alta e o xurado tivoo moi difícil para tomar a decisión final. 

As premiadas foron as seguintes:

PRIMEIRO PREMIO
 

 
  

Miriam Cabanas 1º D







SEGUNDO PREMIO



 Aroa Gerpe
1º B








TERCEIRO PREMIO



Sandra Lado
1º B 






PRIMEIRO ACCÉSIT
 




Aroa Pazos
1º C







SEGUNDO ACCÉSIT
 



Larissa Gerpe
1º B 









As premiadas levaron como agasallo un libro ilustrado sobre Frida Kahlo.

Moitísimas grazas 
a todo o alumnado participante!!!

Día de los Muertos





Este ano, para celebrar o Samaín, o grupo da Biblioteca quixo que o alumnado de 1º da ESO se achegase á cultura mexicana e, con eles, tivemos o noso "Día de Muertos" particular.


Coa proxección dun video, os rapaces e rapazas aprenderon un pouco máis sobre como anualmente, o pobo mexicano honra aos seus mortos.




E mesmo tiveron a visita dunha Catrina moi especial, chegada dende Mexico para unirse á festa!






Ademáis, o alumnado contribuíu á decoración da Biblioteca coas cabazas que presentaron ao Concurso anual que celebramos no Samaín e que tiñan que estar inspiradas na celebración mexicana.

domingo, 6 de novembro de 2016

PREMIOS DO CONCURSO DE CABAZAS 2016


Como sabes, as cabazas concursantes tiñan que estar inspiradas no universo de Tim Burton. Queres saber cales foron as premiadas? Pois terás que ter un pouco de paciencia e mirar o video que aparece a continuación.
En todo caso, gañadores ou non, o grupo da Biblioteca quere premiar a vosa participación cun pequeno agasallo. Moitas grazas!