Amosando publicacións coa etiqueta Regueifas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Regueifas. Amosar todas as publicacións

martes, 10 de marzo de 2026

Obradoiro de regueifas

 Regueifando con Lupe Blanco

    O martes 3 de marzo o alumnado de segundo da ESO tivo o pracer de asistir ao Obradoiro de Regueifas impartido por Lupe Blanco, unha das voces máis importantes desta arte da improvisación oral. Esta actividade foi organizada polo Departamento de Lingua Galega e Literatura e a Biblioteca.

    Despois de interiorizaren os conceptos de rima, métrica e melodía, os rapaces e rapazas gozaron creando as súas propias coplas para despois interpretalas ante o resto do alumando.



    Foron momentos de diversión, de risos e de boa dose de creatividade, deixando claro que no IES Terra do Xallas chispa non falta.



xoves, 15 de maio de 2025

Regueifas para celebrar o Día das Letras Galegas

 Celebramos o Día das Letras Galegas cun obradoiro de regueifas



O pasado martes, 6 de maio, o departamento de Lingua Galega e Literatura xunto coa Biblioteca organizamos un obradoiro de regueifas dirixido ao alumnado de 2º da ESO. Con el quixemos homenaxear ás cantareiras, ás que se lles dedica este ano o Día das Letras Galegas.



O Rabelo e Big Meu impartiron o obradoiro e fixéronnos rir ben coas súas magníficas improvisacións.





As alumnas e alumnos experimentaron coas melodías, coas rimas e saíron coplas do máis divertidas, onde o noso centro foi o protagonista.



Foi un divertimento do máis creativo!