O ALUMNADO RECITA
LUÍSA VILLALTA
A palabra e a música únense na escritora homenaxeada este ano 2024 o Día das Letras Galegas.
Velaquí a nosa pequena contribución á súa lembranza a través das voces de Uxía e Anxo.
Preme e escoita o podcast!
O ALUMNADO RECITA
LUÍSA VILLALTA
A palabra e a música únense na escritora homenaxeada este ano 2024 o Día das Letras Galegas.
Velaquí a nosa pequena contribución á súa lembranza a través das voces de Uxía e Anxo.
Preme e escoita o podcast!
Árbores, follas e flores
Herbario Flores de ferro
María Rei Vilas
Hoxe, despois de moitos meses de traballo, desde comezo de curso, inauguramos a exposición do herbario de Flores de ferro.
Tivemos a honra de contar coa presenza da autora desta novela, que nos falou sobre a súa vinculación co ámbito científico e a simbiose que se dá entre este e a literatura, do proceso de elaboración do seu libro e da historia que quería contar.
Neste acto tamén tivo un papel destacado o alumnado, que realizou unha explicación sobre as distintas técnicas utilizadas para a elaboración dos debuxos, unha valoración sobre a novela, e o profesorado, que comentou como se debía preparar un herbario.
Agradecemos ao alumnado e a todo o profesorado implicado neste proxecto a súa participación e, de xeito especial, a María Rei Vilas por aceptar a nosa invitación e acompañarnos neste día.
Árbores, follas e flores
A partir do próximo xoves, 25 de abril, estará exposto no vestíbulo do noso instituto este herbario, elaborado a partir da citada novela.
A idea da realización deste proxecto xurdiu na biblioteca a finais do pasado curso. A súa acollida non puido ser mellor por parte dos diferentes departamentos implicados. Estivemos traballando nel durante todos estes meses e agora o traballo está finalizado. Esperamos que gocedes do resultado.
Tendes un pequeno avance no seguinte vídeo.
Esta muller polifacética e excelente contadora de historias deleitounos coa súa arte na narración oral.
Nunha inauguración non podían faltar os doces e tivémolos grazas a Mar. Elaborou unhas madalenas-libro e unha torta-libro inesquecibles pola súa fermosura e polo saborosas que estaban. Xulgade vós!
Mergúllate na lectura de clásicos escritos orixinariamente en inglés!!!
Consulta aquí o libro que máis che interese!!!