mércores, 11 de xuño de 2025
xoves, 8 de febreiro de 2024
Recomendacións lectoras - Clásicos escritos orixinariamente en inglés
Mergúllate na lectura de clásicos escritos orixinariamente en inglés!!!
Consulta o libro ou película que máis che interese nos seguintes arquivos!!!
Arquivo I (a-j)
Arquivo II (k-w)
domingo, 17 de decembro de 2023
xoves, 8 de xuño de 2023
Lecturas para o verán
Agora que están achegándose as vacacións de verán, a biblioteca faivos varias propostas de lecturas. E a primeira é esta, sobre ciencias. Porque tamén podemos gozar con libros que nos conten 'cousas' sobre natureza, animais, plantas, sobre fenómenos físicos ou problemas matemáticos, mais tamén con libros que nos falen de filosofía, de música, de economía, de historia ou de socioloxía. E máis no verán que temos tempo para todo!
E...se as propostas non atinan cos teus gostos, xa sabes...pasa pola biblio a buscar outras lecturas!!! Seguro que atopas o que queres ler!!!
Agardámosvos!!
Non esquezades que tamén podedes buscar libros para gozar na plataforma E-LBE.
Mais antes debedes pasar pola biblioteca para conseguir as vosas credenciais de entrada. Lembrádeo!

