luns, 23 de febreiro de 2026

Rosalía de Castro - Xogo de memoria

 Rosalía de Castro - Xogo de memoria

    Para homenaxear a nosa insigne poeta, puxémonos a traballar na elaboración dun xogo de memoria que toma como motivo os versos rosalianos e diversas ilustracións. 

    Este é un proxecto conxunto entre o Departamento de Lingua Galega e Literatura, Polos Creativos e a Biblioteca.

    O alumnado de primeiro de bacharelato escolleu os versos e debuxou as ilustracións. A Biblioteca coordinou o proceso de elaboración e en Polos Creativos manéxase a cortadora e impresora láser.

    A preparación do xogo está nunha fase moi avanzada mais aínda non o podemos dar por finalizado.

    De momento, si que podemos ofrecer algunha fotografía que ilustre o traballo desenvolvido.

    Enviamos o noso agradecemento pola súa participación neste proxecto e os parabéns polo resultado a Sara El Baghati, Claudia Facal, Nuria Lage, Carla Landeira, Uxía Muíño, Adriana Tasende, Andrea Alvela, Claudia Cornes, Nico Filgueira, María Nieves e María Souto.

    Non sería xusto esquecer a extraordinaria colaboración que recibimos por parte de Rocío García Suárez.







Ningún comentario:

Publicar un comentario