Problema isoperimétrico
Mito e Matemáticas
A biblioteca desprazouse este martes ao laboratorio de Física para celebrar o mes da ciencia en galego.
O alumnado de 1º de bacharelato puido experimentar e probar como unha película xabonosa minimiza a súa área e a circunferencia é a figura que, cun perímetro fixado, a maximiza.
Antes do experimento, viron dous vídeos relacionados co problema isoperimétrico. No primeiro vídeo, Nerea Terceiro aportaba información, desde unha perspectiva histórica e mitolóxica, sobre a fundación de Cartago e a súa raíña Dido.
Alberto Rodríguez, no segundo vídeo, achega a explicación matemática a este problema.
Finalmente, o alumnado realizou o experimento con éxito.
Ningún comentario:
Publicar un comentario