Partindo dunha proposta do Equipo de Biblioteca, a comezos do mes de novembro e coincidindo coa celebración do Mes da Ciencia en Galego, iniciamos un fermoso proxecto, a elaboración do herbario da novela de María Rei Vilas Flores de ferro.
Neste traballo están implicados moitos departamentos do noso centro (Debuxo, Bioloxía, Latín, L. Galega, L. Castelá, Inglés, Francés). Ademais, len este libro en Historia de España, 2º de bacharelato, e no club de lectura Entre páxinas!
A preparación deste herbario levaranos unha grande parte deste curso, pero xa podedes ir vendo como vai avanzando o traballo.
Queremos felicitar especialmente ao alumnado de Debuxo Artístico de Cristina Durán e de Cultura Científica de Josefa Facal polo extraordinario traballo que están realizando.
Ningún comentario:
Publicar un comentario