Amosando publicacións coa etiqueta Día das Bibliotecas Escolares. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día das Bibliotecas Escolares. Amosar todas as publicacións

luns, 11 de novembro de 2024

Ex libris e cartelería antiga

Ex libris e cartelería antiga

con Alouette Machine



    Xa podedes ver no vestíbulo do instituto as creacións do alumndo de 1º ESO. Era a primeira vez que traballaban con técnicas anticuadas e materiais antigos (tipografías de madeira, prensas de impresión...) mais os resultados son óptimos. Que opinades?





    No obradoiro de ex libris o alumnado de 1º de bacharelato de Debuxo artístico utilizou materiais e técnicas que descoñecían, malia iso o froito do seu traballo é excelente.






xoves, 24 de outubro de 2024

Día das Bibliotecas Escolares

 Día das Bibliotecas Escolares


    Para celebrarmos o Días das Bibliotecas Escolares, este 24 de outubro presentamos  o segundo número de Fieitas. Esta pequena publicación continúa a súa andaina e, nesta ocasión, está dedicada a amosar o herbario sobre Flores de ferro de María Rei Vilas realizado o pasado curso.



   Como era imposible recoller toda a información, as plantas e os debuxos, tan só achega unha pequena escolma representativa deste traballo colectivo que podes consultar a continuación.


martes, 22 de outubro de 2024

Obradoiro tipografía antiga

Obradoiro con Alouette Machine

Imprenta, tipografía e cartelería antigas


      


    Para celebrarmos o Día das Bibliotecas Escolares recibimos a visita de Alouette Machine e o alumnado de 1º ESO puido coñecer a técnica de impresión de carteis con tipografías de madeira antigas. Foron unhas horas de aprendizaxe práctica divertidas e con bos resultados.







Obradoiro ex libris

Obradoiro de ex libris 

con Alouette Machine





    Nesta semana en que se celebra o Día das Bibliotecas Escolares visitáronnos os integrantes de Alouette Machine para realizaren un obradoiro de ex libris. O alumnado que cursa a materia Debuxo Artístico en 1º de bacharelato puido coñecer e afondar na técnica de elaboración dun ex libris. Ao mesmo tempo, tamén tiveron información sobre a impresión e as tipografías antigas.




    Foron unhas horas de práctica e aprendizaxe que deron magníficos resultados.