Próxima reunión do club para o alumnado de ESO
O luns, 2 de febreiro
comentaremos
Un estudio en escarlata
de Arthur Conan Doyle
A novela foi publicada por vez primeira en 1887 e nela o detective Sherlock Holmes enfróntase, coa inestimable axuda do doutor Watson, ao seu primeiro caso. É aquí onde nace oficialmente o investigador máis famoso de todos os tempos: un tipo peculiar, ávido lector que toca un Stradivarius, goza fumando en pipa, mestre do distraz, intelixente, cunhas dotes fóra do común para o razoamento deductivo e que examina o mundo a través dunha lupa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario