mércores, 8 de novembro de 2017

24 de outubro: Día da Biblioteca



 


O día 24 de outubro celébrase o día da Biblioteca. Para celebralo, adoitamos facer unha saída a Santiago co alumnado de 1º de Bacharelato para levar a cabo unha actividade.






 A primeira parte da actividade consistiu na asistencia a unha proxección privada no cinema NUMAX


 
  Este ano, a película escollida foi "O outro lado da esperanza" do director finlandés Aki Kaurismaki, proxectada en versión orixinal e subtitulada ao galego, que presenta a historia dun refuxiado sirio que é axudado polo dono dun restaurante en Helsinki; un drama presentado coa distancia e o fino humor característico do seu director.



Despois de saír da proxección, o alumnado tívose que enfrontar a un roteiro literario en forma de xogo de pistas, no que, divididos en grupos, tiñan que identificar diferentes lugares da cidade e facerse un "selfie" diante de cada un deles. O punto de encontro final foi a Praza do Toural




Ningún comentario:

Publicar un comentario