Samaín
(do irlandés antigo sam “verán”e fuin “fin”)
As
celebracións arredor do primeiro de novembro veñen de antigo e
todas teñen unha orixe común nas culturas indoeuropeas, que
festexaban arredor desta data a fin do verán e, con iso, o comezo
dun novo ciclo agrícola e tamén dun novo ano, que nacía coa
estación escura. Neses días de transición, os espíritos dos
mortos andarían entre os vivos.