mércores, 28 de outubro de 2015

Samaín na Biblioteca

Samaín
(do irlandés antigo sam “verán”e fuin “fin”)



As celebracións arredor do primeiro de novembro veñen de antigo e todas teñen unha orixe común nas culturas indoeuropeas, que festexaban arredor desta data a fin do verán e, con iso, o comezo dun novo ciclo agrícola e tamén dun novo ano, que nacía coa estación escura. Neses días de transición, os espíritos dos mortos andarían entre os vivos.


Despois de séculos, o sentido da celebración orixinaria se perdeu en boa parte de Europa mais si que se mantivo no esencial no chamado espazo celta. Desde alí, da man dos emigrantes irlandeses, saltou no século XIX ata América, onde curiosamente estes ritos pagáns se popularizaron baixo unha denominación, Halloween, procedente da expresión escocesa All Hallows’ Eve.

Entre nós, tempo atrás, ese día tamén se andaba metendo medo con cabazas arrepiantes ou con nabos.


(información extraída do Portal das Palabras da Real Academia Galega)