xoves, 10 de abril de 2025

Teatro de sombras chinesas

                Silencio!!! Estamos ensaiando!!!

      
                                                       

   Comezaron os ensaios, baixo a dirección de Kukas e coa colaboración de Cristina e Kike, da obra de teatro que imos poñer en escena: El-rei Artur e a abominable dama, de Carmen Domech, Jorge Rey e Marilar Aleixandre.

   Nesta obra, o alumnado de Debuxo Artístico de 1º de bacharelato e 4º da ESO, elaborou todo o necesario para unha representación con sombras chinesas: o escenario, as figuras...

Esperamos que vos guste!!!



martes, 8 de abril de 2025

Concurso ilustración

 Concurso de Ilustración - Día do Libro

   Celebramos o Concurso de Ilustración con moita participación do alumnado. Ademais de utilizar a biblioteca, usamos a biblioterraza e unha aula.

   Nesta ocasión, homenaxeamos a poesía popular oral, á que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas. 


   O alumnado debía crear unha ilustración inspirándose nos seguintes versos populares que tamén glosou Rosalía de Castro.

Eu ben vin estar o moucho

enriba daquel penedo:

¡Non che teño medo moucho,

moucho non che teño medo!



Moita sorte!!!


luns, 7 de abril de 2025

Concurso literario 2025

 Concurso literario - Día do Libro 2025


   O pasado martes, 1 de abril, celebramos o concurso literario con motivo do Día do Libro. 

    

   Nesta ocasión quixemos homenaxear a poesía popular oral, á que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas. O alumnado debía inspirarse nos seguintes versos:


Eu ben vin estar o moucho

enriba daquel penedo:

¡Non che teño medo moucho,

moucho non che teño medo!


                 

   Moita sorte!!!

martes, 4 de marzo de 2025

8M

 8MARZO

DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES

 

   A finais do mes de febreiro, para conmemorar o Día Internacional das Mulleres, recibimos a visita ao noso centro de Zinthia Álvarez Palomino. 




A xornalista e activista antirracista impartiu dous obradoiros ao alumnado de 1º ESO centrados no seu proxecto "Mulleres negras que cambiaron o mundo".


                                            

xoves, 27 de febreiro de 2025

Premios VIII Concurso de Fotografía

 Premios 

VIII Concurso de Fotografía - Natureza


     Parabéns a Joel, Bruno, Fernando, Uxía, Nouhaila, Lucía, Alberto, Paula e Alexia!!!

     No seguinte vídeo podedes ver as fotografías premiadas e todas as que se presentaron ao concurso.


luns, 24 de febreiro de 2025

Recitando a Rosalía

Homenaxe a Rosalía - Recital poético 

    A mellor homenaxe que lle podemos brindar á nosa grande poeta é lermos os seus textos. Nesta ocasión, o alumnado xalleiro recita poemas tanto de Cantares gallegos como de Follas novas. 

    Ofrecémosvos unha pequena escolma nos seguintes podcasts.