xoves, 24 de outubro de 2024

Día das Bibliotecas Escolares

 Día das Bibliotecas Escolares


    Para celebrarmos o Días das Bibliotecas Escolares, este 24 de outubro presentamos  o segundo número de Fieitas. Esta pequena publicación continúa a súa andaina e, nesta ocasión, está dedicada a amosar o herbario sobre Flores de ferro de María Rei Vilas realizado o pasado curso.



   Como era imposible recoller toda a información, as plantas e os debuxos, tan só achega unha pequena escolma representativa deste traballo colectivo que podes consultar a continuación.


martes, 22 de outubro de 2024

Obradoiro tipografía antiga

Obradoiro con Alouette Machine

Imprenta, tipografía e cartelería antigas


      


    Para celebrarmos o Día das Bibliotecas Escolares recibimos a visita de Alouette Machine e o alumnado de 1º ESO puido coñecer a técnica de impresión de carteis con tipografías de madeira antigas. Foron unhas horas de aprendizaxe práctica divertidas e con bos resultados.







Obradoiro ex libris

Obradoiro de ex libris 

con Alouette Machine





    Nesta semana en que se celebra o Día das Bibliotecas Escolares visitáronnos os integrantes de Alouette Machine para realizaren un obradoiro de ex libris. O alumnado que cursa a materia Debuxo Artístico en 1º de bacharelato puido coñecer e afondar na técnica de elaboración dun ex libris. Ao mesmo tempo, tamén tiveron información sobre a impresión e as tipografías antigas.




    Foron unhas horas de práctica e aprendizaxe que deron magníficos resultados.


venres, 27 de setembro de 2024

Biblioterraza

 Biblioterraza



    Comezamos o curso coa nosa biblioterraza renovada. Esperemos poder utilizala asiduamente.







venres, 7 de xuño de 2024

Unha película recomendábel!

 Para rematar este curso as alumnas de Grego I, Lucía, Soraya e María, recoméndanvos unha das películas que tedes na nosa biblioteca.

 

E fano neste podcast: 


Para ver este verán!!

Que a gocedes!!

domingo, 2 de xuño de 2024

Concursos Día do Libro - Traballos premiados

 Concursos Día do Libro

Alumnado premiado



Concurso Literario

1ª Categoría (1º e 2º ESO)

 Premio

Laura González Guillín (2º ESO A)

Accésit

Ángeles Victoria Pernía Guerrero (1º ESO A)

Uxía Pichel Varela (1º ESO B)


2ª Categoría (3º e 4º ESO)

Premio

Hugo Koc García (4º ESO A)

Accésit

Alexia Rey Bardanca (4º ESO B)


3ª Categoría (1º e 2º BACH)

Premio

Alexandra María Socol (1º BACH B)

Accésit

Uxía Conde Beiro (1º BACH B)


Concurso de Ilustración


1ª Categoría (1º e 2º ESO)

 Premio

Laura González Guillín (2º ESO A)


2ª Categoría (3º e 4º ESO)

Premio

Hugo Koc García (4º ESO A)

Accésit

Sara El Baghati (3º ESO)


3ª Categoría (1º e 2º BACH)

Premio

Joel Ferreiro Vila (1º BACH B)

Accésit

Carla Blanco Agulleiro (1º BACH B)

Arlet Edna Limaymanta Flores (1º BACH B)





No seguinte arquivo podes ver os traballos premiados no Concurso Literario e no Concurso de Ilustración.

Parabéns!!!




Preme no vídeo para ver unha selección de todos os traballos presentados!!!
Parabéns pola vosa creatividade!!!