luns, 12 de xuño de 2017


Hoxe   celebramos  a  última  reunión    do noso club  de  lectura.



Despedímonos  cunha  preciosa obra  de  Carmen  Quinteiro, Caleidoscopio, na  que  se  recollen poemas  e  microrrelatos da  autora  pontevedresa.


                                        


     Se  seguides o enlace  atoparedes  un poema  recitado pola  propia  autora:  Travesía





O  vindeiro  curso  reencontrarémonos
  neste noso 
 Recuncho  da  tinta  negra







domingo, 4 de xuño de 2017



      Metade obxecto, metade animal.
      Feito de carne vexetal e de emocións,
      construído coa imaxinación
      e disposto a acompañar a quen
      desexe experimentar un chisco coa eternidade.
      Suxestión para comprender
      o alcance que pode ter un libro.

                       María Xosé Canitrot Trillo


Ler para min é...





Co gallo do Día do Libro o alumnado do noso centro puido completar esta oración.


Aquí tendes unha selección das vosas opinións.


























Biblioteca do IES Terra do Xallas: A TÚA BIBLIOTECA

Biblioteca do IES Terra do Xallas: A TÚA BIBLIOTECA:             Ofréceche:       Información práctica:   • C ultura •   C atálogo C oñecemento •  H orario •   E ntretemento A ctivid...

venres, 26 de maio de 2017

O  luns,  5  de  xuño,

reunirémonos  para  comentar  a  novela  
de  Agatha  Christie

Asasinato  no  Orient  Express




asasinato no orient express-agatha christie-9788482883861

mércores, 24 de maio de 2017

Xaponízate coa Biblioteca



O grupo da Biblioteca organizou hai uns días unha Semana do Xapón no vestíbulo do Instituto.





A idea era achegar a todos os integrantes da comunidade escolar, os fondos relacionados coa cultura xaponesa.







Ademáis dos libros, mangas e películas relacionados co Xapón, estiveron expostos obxectos, fotos e libros en xaponés, moitos deles traducións de clásicos galegos.






 O compoñente lúdico veu dado pola posibilidade de converterse por uns instantes nun xaponés ou xaponesa vestindo kimonos auténticos e outros accesorios. O alumnado, sempre tan participativo, quixo experimentar a transformación. Velaquí  algúns exemplos.









ARIGATO GOZAIMASU!!!