xoves, 8 de decembro de 2016
mércores, 30 de novembro de 2016
CONCURSO DE FOTOGRAFÍA
Bases do concurso
2. Cada participante poderá presentar unha ou dúas fotografías en formato .jpg inspiradas nun dos textos propostos.
3. Estableceranse tres categorías:
TEXTOS PROPOSTOS PARA O CONCURSO
Texto 1
Monotonía
A un día monótono sucédeo
outro día idéntico, monótono. Pasarán
as mesmas cousas que de novo se repetirán.
Instantes iguais chegan a nós e parten.
Pasa un mes e deixa paso ao seguinte.
O que virá, ben pode calquera imaxinalo:
o mesmo fastío de onte.
Cando chega o mañá, xa non semella un mañá.
El dinosaurio
Cuando despertó, el dinosaurio todavía estaba allí.
1. Pode presentarse todo o alumnado que estea matriculado no IES Terra de Xallas no curso 2016-17
2. Cada participante poderá presentar unha ou dúas fotografías en formato .jpg inspiradas nun dos textos propostos.
3. Estableceranse tres categorías:
- 1º e 2º da ESO
- 3º e 4º da ESO, Formación Profesional Básica, Ciclos Formativos de Grao Medio.
- 1º e 2º de Bacharelato, Ciclos Formativos de Grao Superior.
4. Haberá un premio por categoría: impresión da fotografía
5. O xurado estará formado polo Grupo da Biblioteca: Soledad Fernández Gago, Beatriz Otero Enjo, Elena Orive Álvarez, Anxos Sanmartín Rei e Cristina Durán Arufe.
6. O xurado resérvase a posibilidade de outorgar algún accésit ou declarar desertos os premios.
7. As fotografías enviaránse durante as vacacións de Nadal, ao correo da biblioteca: bibliotecaxallas@gmail.com. No asunto débese indicar Concurso de Fotografía e no texto escribiranse os datos (nome, apelidos, curso e grupo) e o número do texto ou o autor en que se inspira a fotografía.
8. O xurado emitirá o seu fallo a última semana do mes de xaneiro.
TEXTOS PROPOSTOS PARA O CONCURSO
Texto 1
Monotonía
outro día idéntico, monótono. Pasarán
as mesmas cousas que de novo se repetirán.
Instantes iguais chegan a nós e parten.
Pasa un mes e deixa paso ao seguinte.
O que virá, ben pode calquera imaxinalo:
o mesmo fastío de onte.
Cando chega o mañá, xa non semella un mañá.
Konstantinos Kavafis
Texto 2
El dinosaurio
Cuando despertó, el dinosaurio todavía estaba allí.
Augusto Monterroso
luns, 28 de novembro de 2016
Os fantásticos libros voadores do señor Morris Lessmore
Mentres escribía un libro, Morris Lessmore queda atrapado por un furacán. Cando esperta, está nun estrano lugar onde os libros voan e lle invitan a seguilos ata chegar a unha misteriosa casa onde lle esperan miles de libros e que, como se descubrirá ao final, cada certo tempo van acollendo novos convidados.
Esta curtametraxe foi premiada cun Óscar á mellor curtametraxe animada en 2012. Disfrutádea.
domingo, 20 de novembro de 2016
Próxima reunión do club de lectura
O luns, 5 de decembro,
PARA NIÑOS PECULIARES
de
A historia que conta é igual de peculiar ca os seus protagonistas. Ranson Riggs inspirouse nunha serie de extrañas fotografías antigas que amosaban a nenos facendo cousas extraodinarias.
A novela conta xa cunha versión cinematográfica dirixida por Tim Burton.
O luns, 5 de decembro,
comentaremos
EL HOGAR DE MISS PEREGRINE
PARA NIÑOS PECULIARES
de
RANSON RIGGS
A historia que conta é igual de peculiar ca os seus protagonistas. Ranson Riggs inspirouse nunha serie de extrañas fotografías antigas que amosaban a nenos facendo cousas extraodinarias.
A novela conta xa cunha versión cinematográfica dirixida por Tim Burton.
domingo, 6 de novembro de 2016
PREMIOS DO CONCURSO DE CABAZAS 2016
En todo caso, gañadores ou non, o grupo da Biblioteca quere premiar a vosa participación cun pequeno agasallo. Moitas grazas!
martes, 1 de novembro de 2016
O UNIVERSO DE TIM BURTON
Como xa puideches ver esta última semana na entrada do Instituto durante os recreos, este ano para
festexar o Samaín, escapamos ao mundo fantástico de Tim Burton. É un dos
directores máis prolíficos e orixinais que deu o cinema de Hollywood nestas
últimas décadas. O seu estilo é único e a súa estética faino identificable a
primeira vista.
O UNIVERSO IMAXINARIO DE TIM
BURTON
Aínda que o seu universo está composto dunha fantasía chea de barroquismo e
elementos surrealistas, non se pode dicir que o seu cine sexa unicamente de
entretemento, pois os seus personaxes centrais son sempre alegorías de seres
marxinais reais. Os seus seres
románticos, solitarios e necesitados de afecto, ao mesmo tempo que pouco
correspondidos ou directamente menosprezados, son fáciles de identificar coa
procura de amor e aceptación social.
Tim Burton ven mantendo un estilo e unha estética lineal e coherente, con
antecedentes nos deseños de autores de debuxos animados de principios do século
XX, ou en personaxes da natureza de
Frankenstein, Batman ou Alicia.
Entre as súas películas máis persoales encontramos “Beetlejuice” (1988), “Eduardo
Manostijeras” (1990), “La novia cadáver” (2005) ou “Sweeney Todd” (2007). Tamén
recreou historias clásicas como “Alicia en el país de las Maravillas”, “El
Planeta de los Simios” ou as aventuras de Batman en dúas ocasións.
Actualmente podes ver nos cines a estrea da súa última obra: “El hogar de
Miss Peregrine para niños peculiares”
Nesta pequena película-homenaxe a este gran artista elaborada polo grupo da biblioteca, poderás ver exemplos do seu universo acompañados da banda sonora do seu inseparable Dany Elfman, sen o que xa non se pode concebir ningún dos seus traballos.
Fonte: El Universo imaginario de Tim Burton (utilidad.com)
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
