Kayla, Aurora e Samanta de 1º da ESO
Manuel de 2º da ESO
Como xa puideches ver esta última semana na entrada do Instituto durante os recreos, este ano para
festexar o Samaín, escapamos ao mundo fantástico de Tim Burton. É un dos
directores máis prolíficos e orixinais que deu o cinema de Hollywood nestas
últimas décadas. O seu estilo é único e a súa estética faino identificable a
primeira vista.
Aínda que o seu universo está composto dunha fantasía chea de barroquismo e
elementos surrealistas, non se pode dicir que o seu cine sexa unicamente de
entretemento, pois os seus personaxes centrais son sempre alegorías de seres
marxinais reais. Os seus seres
románticos, solitarios e necesitados de afecto, ao mesmo tempo que pouco
correspondidos ou directamente menosprezados, son fáciles de identificar coa
procura de amor e aceptación social.