domingo, 19 de febreiro de 2017

Viaxe a Lugo


Os días 2 e 3 de febreiro, o alumnado de Cultura Clásica de 3º da ESO e de Historia da Arte de 2º de Bacharelato, visitou a cidade de Lugo e o Castro de Viladonga.

O legado romano de Lugo é amplísimo, polo que nos centramos nos seguintes lugares:

  • Casa dos Mosaicos ou Domus Oceani. Os restos conservados pertenceron a unha gran residencia señorial de finais do século III ou principios do IV.
  • Domus do Mitreo. Esta casa romana foi propiedade dun centurión da Legio VII Gemina encargado dos impostos de Lucus Augusti. Dentro da edificación atópase un templo dedicado a Mitra, deus solar de orixe persa.
  • Sala de exposicións Porta Miña. Acolle unha mostra das catro etapas fundamentais do Lugo romano: as orixes, o esplendor, a fortificación da cidade e o seu ocaso.
  • Centro de interpretación da Muralla
  • Muralla romana
 
No concello de Castro de Rei, visitamos o Castro de Viladonga, o seu museo e realizamos un obradoiro de cerámica. Este castro tivo unha ocupación duradeira e especialmente importante, sobre todo entre os séculos II e V da nosa Era, o que o converte nun sitio clave para coñecer, estudar e comprender a evolución do mundo dos castros e do ámbito rural na etapa galaico-romana.

venres, 3 de febreiro de 2017

Premios do I Concurso de Fotografía

O pasado martes 31 de xaneiro, fíxose pública a relación dos premiados no I Concurso de Fotografía organizado pola Biblioteca do IES Terra do Xallas, así como a dos accésits

PRIMEIRA CATEGORÍA (1º e 2º da ESO)

PREMIO
Estrela Lois Iglesias - Monotonía

ACCÉSIT
Noelia Quintáns - El dinosaurio

ACCÉSIT
Maitena Lois - Monotonía

SEGUNDA CATEGORÍA (3º e 4º da ESO)

PREMIO

Patricia Pose Duarte - El dinosaurio

ACCESIT
Andrea Suárez Rey - Monotonía

TERCEIRA CATEGORÍA
(1º e 2º de Bacharelato e Ciclos Formativos)

PREMIO
Yessica Vilas Grille - El dinosaurio

ACCÉSIT
Yessica Vilas Grille - Monotonía

Dende o grupo de biblioteca
queremos agradecervos a todos
a vosa participación
e a vosa creatividade!!!

luns, 30 de xaneiro de 2017


                          Hoxe   comentamos  Rebeldes,
                  a  novela  de  Susan E.  Hinton.







O  vindeiro  luns, 6 de  febreiro,
reunirémonos  para  ler  e  comentar ... 
 o  que?  Ah!

              Esperámosvos  na  biblioteca.

mércores, 25 de xaneiro de 2017

Entrega de premios do Concurso de Fotografía



O vindeiro martes 31 de xaneiro no 2º recreo na entrada do edificio principal as integrantes do grupo de Biblioteca anunciarán os premios do Concurso de Fotografía.
Ademáis, inaugurarase unha exposición cunha selección das fotografías participantes.
Moitísimas grazas a todo o alumnado participante! Grazas polo voso tempo e talento!

Recomendacións do alumnado VII


Carla e Antía de 2º da ESO


Zaira e Maitena de 2º da ESO


Uxía, Lorena e Tania de 2º da ESO


Recomendacións do alumnado VI



Álvaro de 2º da ESO


Pedro de 2º da ESO


Recomendacións do alumnado V


Nerea e Noemí de 2º da ESO



Noelia de 2º de la ESO