mércores, 27 de outubro de 2021

Día das Bibliotecas e Samaín

 


O día 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas e nós, esta semana, decoramos a nosa 'de Samaín'. Xuntamos as dúas celebracións nunha proposta:

Que veñades ler un conto de medo á biblioteca durante os recreos. Fixemos unha selección, mais na biblioteca sempre son ben recibidas as vosas suxestións. Hai algún libro que che provocase 'terror' ou 'pánico' e non está aquí? Nese caso, haberá que incluílo tamén.

É tempo de lecturas terroríficas...


 








venres, 22 de outubro de 2021


 Comezamos o curso 2021-2022 xa hai un mes!! E esta semana, o día 18 de outubro  celebrouse o 'Día das escritoras'. Así que comezamos ... lendo!! Porque non queremos deixar de achegarvos esta selección de textos que nos propoñen desde a Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galiza, onde se recollen fragmentos de obras de Begoña Caamaño, Rosalía de Castro, Xela Arias, Eva Mejuto, Emma Pedreira e moitas outras escritoras galegas. Gozade da súa lectura!!!

 Enlace aos textos de escritoras galegas 2021