xoves, 23 de novembro de 2017

II Concurso de fotografía



II Concurso de Fotografía

  BASES DO CONCURSO

1. Pode presentarse todo o alumnado que estea matriculado no IES Terra de Xallas no curso 2017-18

2. Cada participante poderá presentar unha ou dúas fotografías en formato .jpg inspiradas nun dos textos propostos.

3. Estableceranse tres categorías
  • 1º e 2º da ESO
  • 3º e 4º da ESO, Formación Profesional Básica, Ciclos Formativos de Grao Medio.
  • 1º e 2º de Bacharelato, Ciclos Formativos de Grao Superior.
4. Haberá un premio por categoría: impresión da fotografía
5. O xurado estará formado polo Grupo da Biblioteca: Soledad Fernández Gago, Sabela Aldrey Dono, Elena Orive Álvarez, Anxos Sanmartín Rei e Cristina Durán Arufe.
6. O xurado resérvase a posibilidade de outorgar algún accésit ou declarar desertos os premios.
7. As fotografías enviaránse durante as vacacións de Nadal, ao correo da biblioteca: bibliotecaxallas@gmail.com. No asunto débese indicar Concurso de Fotografía e no texto  escribiranse os datos (nome, apelidos, curso e grupo) e o número do texto ou o autor en que se inspira a fotografía.
8. O xurado emitirá o seu fallo a última semana do mes de xaneiro
TEXTOS PROPOSTOS PARA O CONCURSO


Texto 1

Nin me abandonarás nunca,
sombra que sempre me asombras.
Rosalía de Castro


Texto2
 
 En el caldero descubrió una pequeña botella con un papel en su interior.
"Éste es un mundo como otro cualquiera", decía el mensaje.

Luis Mateo Díez


 

xoves, 9 de novembro de 2017

Premios do Concurso de Cabazas

 
Como sabes, as cabazas participantes deste ano tiñan que se inspirar no Día de Muertos mexicano. A calidade e orixinalidade das cabazas foi moi alta e o xurado tivoo moi difícil para tomar a decisión final. 

As premiadas foron as seguintes:

PRIMEIRO PREMIO
 

 
  

Miriam Cabanas 1º D







SEGUNDO PREMIO



 Aroa Gerpe
1º B








TERCEIRO PREMIO



Sandra Lado
1º B 






PRIMEIRO ACCÉSIT
 




Aroa Pazos
1º C







SEGUNDO ACCÉSIT
 



Larissa Gerpe
1º B 









As premiadas levaron como agasallo un libro ilustrado sobre Frida Kahlo.

Moitísimas grazas 
a todo o alumnado participante!!!

Día de los Muertos





Este ano, para celebrar o Samaín, o grupo da Biblioteca quixo que o alumnado de 1º da ESO se achegase á cultura mexicana e, con eles, tivemos o noso "Día de Muertos" particular.


Coa proxección dun video, os rapaces e rapazas aprenderon un pouco máis sobre como anualmente, o pobo mexicano honra aos seus mortos.




E mesmo tiveron a visita dunha Catrina moi especial, chegada dende Mexico para unirse á festa!






Ademáis, o alumnado contribuíu á decoración da Biblioteca coas cabazas que presentaron ao Concurso anual que celebramos no Samaín e que tiñan que estar inspiradas na celebración mexicana.

mércores, 8 de novembro de 2017

24 de outubro: Día da Biblioteca



 


O día 24 de outubro celébrase o día da Biblioteca. Para celebralo, adoitamos facer unha saída a Santiago co alumnado de 1º de Bacharelato para levar a cabo unha actividade.






 A primeira parte da actividade consistiu na asistencia a unha proxección privada no cinema NUMAX


 
  Este ano, a película escollida foi "O outro lado da esperanza" do director finlandés Aki Kaurismaki, proxectada en versión orixinal e subtitulada ao galego, que presenta a historia dun refuxiado sirio que é axudado polo dono dun restaurante en Helsinki; un drama presentado coa distancia e o fino humor característico do seu director.



Despois de saír da proxección, o alumnado tívose que enfrontar a un roteiro literario en forma de xogo de pistas, no que, divididos en grupos, tiñan que identificar diferentes lugares da cidade e facerse un "selfie" diante de cada un deles. O punto de encontro final foi a Praza do Toural