xoves, 22 de abril de 2021

23 DE ABRIL, DÍA MUNDIAL DO LIBRO

 

Xoana Almar realizou este mural en setembro de 2020 no marco de Delas Fest, un festival de arte urbana con perspectiva de xénero. Podemos velo en Compostela, nunha parede do complexo deportivo de Santa Isabel. É unha lavandeira descansando, cun libro na man!! Unha imaxe para lembrar este 23 de abril de 2021.

E algunhas palabras de escritoras e escritores sobre os libros e a lectura:

Mia Couto: “ Parecen debuxos, mais dentro das letras están as voces. Cada páxina é unha caixa infinita de voces”

Ler é sempre un traslado, unha viaxe, un irse para atoparse”, di Antonio Basanta. 

Siri Hustvedt: “Os signos inertes dun alfabeto vólvense significados cheos de vida na mente”.

E Xela Arias: "Ler poesía coma quen se planta nun monte a respira-lo osíxeno, sen máis aparato crítico cós pulmóns mesmos..."

E iso son os libros: caixas cheas de voces que nos contan relatos, que nos levan de viaxe, que nos fan rir, que nos emocionan, que nos fan pensar… Un ano máis celebramos que os libros nos acompañan nas nosas vidas. E para acompañarnos, temos novos libros na Biblioteca do centro.