xoves, 8 de novembro de 2018

SAMAÍN 2018. PREMIOS DO CONCURSO DE CABAZAS



NESTE VIDEO VEREDES O BO TRABALLO QUE FIXO O ALUMNADO DE 1º DA ESO E CALES FORON AS CABAZAS PREMIADAS.





MOITAS GRAZAS A TODOS E A TODAS POLA VOSA CREATIVIDADE. REALMENTE NON FOI DOADO DECIDIR CALES ERAN AS MELLORES!!!

luns, 7 de maio de 2018

Obradoiro con Carmen G. de la Cueva

O pasado 3 de abril o club de lectura feminista "O recuncho da tinta violeta" recibiu á xornalista e escritora Carmen G. de la Cueva.




Ela é autora do libro titulado Mamá, quiero ser feminista, editado por Lumen, e que está a ter unha grande repercusión entre as lectoras.



As nosas alumnas do club leron o libro e gustoulles tanto que decidimos convidar a Carmen á nosa biblioteca. Ela fixo con nos un faladoiro sobre as autobiografías femininas (sobra todo as dos últimos anos) e tamén impartiu un obradoiro de escritura autobiográfica. Todas participamos con moita ilusión e aprendimos moitísimo sobre a escritura de mulleres moi interesantes, pero ás veces inxustamente esquecidas.

Ao final, Carmen sorteou un exemplar do libro Teoría King Kong de Virgine Despentes




Tamén nos falou sobre o grupo que ela dirixe: La tribu. Animámovos a consultar a súa páxina web coa revista virtual do mesmo nome. Tamén nos falou das xornadas feministas de "La tribu" que se celebrarán en Sevilla os días 28, 29 e 30 de xuño.

venres, 23 de marzo de 2018

BISCOITO POÉTICO





O pasado martes 20 celebramos na biblioteca un recital poético con alumnado de 1º e 4º da ESO e de 2º de Bacharelato. O recital estivo animado por Sabela Aldrey, poeta e profesora deste centro.

O alumnado de 4º da ESO, coordinado pola profesora Beatriz Rodríguez, fixo unha escolma persoal de textos poéticos que leron individualmente e en parellas. Ademáis Sabela Aldrey leu poemas dos seus libros Tímidas tonterías e Introducción al abismo. E houbo outra aportación orixinal ao recital: o poema elaborado conxuntamente por un grupo de alumnos de 1º da ESO  e que foi lido por Joel Calvo con moito sentimento.  As lecturas foron acompañadas con música de piano e guitarra.

Non só alimentamos a alma: decidimos convertir o recital poético nun biscoito poético. Ao final do recital quencemos o corpo cun bo vaso de chocolate e un anaco de biscoito. Así, co corpo e a alma cheos, celebramos o día da Poesía.


venres, 2 de febreiro de 2018

Premios do II Concurso de fotografía




O pasado martes 23 de xaneiro entregáronse os premios do II Concurso de Fotografía organizados pola Biblioteca do IES Terra do Xallas.

No seguinte video podes ver os gañadores e gañadoras dos premios en cada unha das categorías.

  



E estas son as fotos das obras premiadas e da recollida de premios

PRIMEIRA CATEGORÍA
1º PREMIO EX-AEQUO








AROA GERPE LOIS













PABLO CALVO FERNÁNDEZ 








SEGUNDA CATEGORÍA
1º PREMIO EX-AEQUO





NOELIA QUINTÁNS VÁZQUEZ 








ANTÍA GESTO ANTELO 










SEGUNDA CATEGORÍA
ACCÉSIT

  




MARÍA VICTORIA RIAL VELO 





TERCEIRA CATEGORÍA
1º PREMIO






MARÍA CAMILA DOMÍNGUEZ VELO 






 PARABÉNS ÁS GAÑADORAS E AO GAÑADOR!!!

MOITAS GRAZAS A TODO O ALUMNADO PARTICIPANTE.