venres, 17 de decembro de 2021

ENTREGA DE PREMIOS DO I CONCURSO DE CHÍOS PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

 

Alumnado gañador do I Concurso de Chíos de 2021. Moitos parabéns a todas elas e a todos eles, tamén a todas as persoas que participaron. Felicidades!

Os premios foron para:

1ª CATEGORÍA 

1º PREMIO

Teresa Cornes Herrero (2º ESO A)

  2ª CATEGORÍA

1º PREMIO Ex aequo

Qing Yu Ji (3º ESO C)

Nuria Lourido Romar (3º ESO A)

Maroua Yahyaoui (3º ESO C)

ACCÉSIT

 Noelia Vilar Calvo (4ª ESO B)

Natalia Martínez Barreiro (4º ESO B)

Paula Nieto Negreira (4º ESO B)

Ainhoa Cal Currais (4º ESO C)

3ª CATEGORÍA

1º PREMIO

Joel García Pereira (2º BACH A)



Teñen até o 31 de xaneiro para gastar os seus bonos en Informática PC PLUS. Ademais destes premios, todos os chíos participantes tiveron un agasallo: os seus textos impresos. Foi Carmen de Xallas Publicidade quen os deseñou. 


 

                                                   Joel García Pereira

 

                                                            Qing Yu Ji


                                                Nuria Lourido Romar

 

                                 Maroua Yahyaoui e Teresa Cornes Herrero


                                                    Noelia Vilar Calvo

                                                Paula Nieto Negreira

                                              Natalia Martínez Barreiro

                                                    Ainhoa Cal Currais






xoves, 16 de decembro de 2021

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA ATÉ O 23 DE XANEIRO

E xa temos en marcha o seguinte concurso: a Biblioteca do IES Terra de Xallas convoca de novo o Concurso de Fotografía. Tedes que facer unha fotografía inspirada nos textos da convocatoria: un é un poema de Pilar Pallarés, do seu último poemario, Tempo fósil, e o outro un fragmento de Insolación (Historia amorosa) de Emilia Pardo Bazán. Tedes de prazo até o 23 de xaneiro de 2022, mais non deixedes para os últimos días a vosa participación!

Bases:

1. Pode presentarse todo o alumnado que estea matriculado no IES Terra de Xallas no curso 2021-2022.

2. Cada participante poderá presentar, como máximo, unha fotografía en formato .jpg inspirada en cada un dos textos propostos:

TEXTO I)

VARRENDO no silencio

aínda un vento obstinado.

Voan miñatos sobre a paisaxe desmembrada.

                                                                                          Tempo fósil, Pilar Pallarés.


TEXTO II)

Yo había oído asegurar muchas veces que si tenemos los ojos cerrados y alguna persona se pone a mirarnos fijamente, una fuerza inexplicable nos obliga a abrirlos. Digo que es verdad y lo digo por experiencia. En medio de mi sopor empecé a sentir cierta comezón de alzar los párpados, y una inquietud especial, que me indicaba la presencia de alguien en el tugurio… Entreabrí los ojos y con gran sorpresa vi el agua del mar.

                                      Insolación (Historia amorosa), Emilia Pardo Bazán.

3. Estableceranse tres categorías:

  • 1º e 2º ESO.

  • 3º e 4º ESO, Formación Profesional Básica e Ciclos Formativos de Grao Medio.

  • 1º e 2º BAC, Ciclos Formativos de Grao Superior.

4. Haberá un premio por nivel: impresión da fotografía.

5. O xurado estará formado polo Grupo de Biblioteca: Sabela Aldrey Dono, Cristina Durán Arufe, Soledad Fernández Gago, Mª Dolores Rodríguez Calo, Anxos Sanmartín Rei e Inmaculada Rodríguez Villar.

6. O xurado resérvase a posibilidade de outorgar algún accésit ou declarar desertos os premios.

7. As fotografías enviaranse ao correo da biblioteca bibliotecaxallas@gmail.com antes do día 23 de xaneiro (23h.59’).

  • No asunto débese indicar Concurso de Fotografía, no texto escribiranse os datos (nome, apelidos, curso e grupo) e o número do texto en que se inspira/n a/s fotografía/s.

8. O xurado emitirá o seu fallo a última semana do mes de xaneiro (antes do 31).

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!

 

VENRES 17 de DECEMBRO. ENTREGA DE PREMIOS do Concurso de chíos

 

Este venres 17 de decembro saberemos xa os chíos gañadores. No 2º recreo e na biblioteca faremos a entrega dos premios. Todas as persoas participantes e quen queira acompañalas e acompañalos, até un máximo de 28 persoas, poderán asistir respectando o protocolo anti-covid. Lembrádeo!!