xoves, 15 de xuño de 2023

Feliz verán de lecturas!

 


Xa estamos a nada de rematar as aulas e a biblioteca anímavos a escoller lecturas para este verán. Podedes vir por aquí e escoller entre os andeis das estanterías, libros ou películas, podedes preguntar no mostrador para que vos aconsellen, se non sabedes ben que podedes escoller. Outra opción, perfectamente compatíbel con estas, é entrar na Plataforma de Lecturas Dixitais a través do móbil, da tablet ou dun ordenador, e escoller alí o que queredes ler. Ademais están promocionando isto:

Así que non deixedes de indagar nesta biblioteca online nesta ligazón, e pasade pola biblio antes de acabar o curso a buscar as vosas credenciais de acceso.

Tedes unha explicación de como utilizar a plataforma neste outro enlace, ou no lateral do blog.

Feliz verán de lecturas!


xoves, 8 de xuño de 2023

Lecturas para o verán

 Agora que están achegándose as vacacións de verán, a biblioteca faivos varias propostas de lecturas. E a primeira é esta, sobre ciencias. Porque tamén podemos gozar con libros que nos conten 'cousas' sobre natureza, animais, plantas, sobre fenómenos físicos ou problemas matemáticos, mais tamén con libros que nos falen de filosofía, de música, de economía, de historia ou de socioloxía. E máis no verán que temos tempo para todo!

E...se as propostas non atinan cos teus gostos, xa sabes...pasa pola biblio a buscar outras lecturas!!! Seguro que atopas o que queres ler!!!

Agardámosvos!!

Non esquezades que tamén podedes buscar libros para gozar na plataforma E-LBE.

Mais antes debedes pasar pola biblioteca para conseguir as vosas credenciais de entrada. Lembrádeo!

sábado, 3 de xuño de 2023

Textos e ilustracións premiadas nos concursos do Día do Libro

 

O pasado martes fixemos entrega dos diplomas ás gañadoras e gañadores dos premios nos concursos Literario e de Ilustración Día do Libro 2023. Só faltaba unha premiada de 2º de Bach., que anda atarefada coa ABAU!!

O agasallo, que xa sabedes que consiste na publicación dos textos e ilustracións premiadas, vai tardar un pouquiño, mais podedes ir vendo como van quedar no arquivo que ven debaixo. 

O que si podedes é pasar por LaRepro ou por PC+ a gastar os vosos bonos. Lembramos que os 1º premios gañaron 50 euros, os 2º premios gañaron 30 euros e os accésit gañaron 20 euros. Tedes de prazo até o 30 de setembro, mais debedes gastar un bono íntegro nun dos comercios.

Faremos unha exposición dos traballos premiados na entrada do edificio principal, que quedará até comezar o próximo curso. Os demais traballos podedes recollelos na biblioteca. Grzas a todas e todos por participar!!

De novo parabéns a todas e todos!!!