martes, 23 de abril de 2024

Árbores, follas e flores

Herbario - Flores de ferro 
María Rei Vilas
 

     A partir do próximo xoves, 25 de abril, estará exposto no vestíbulo do noso instituto este herbario, elaborado a partir da citada novela.


     A idea da realización deste proxecto xurdiu na biblioteca a finais do pasado curso.  A  súa acollida non puido ser mellor por parte dos diferentes departamentos implicados. Estivemos traballando nel durante todos estes meses e agora o traballo está finalizado. Esperamos que gocedes do resultado.


     Tendes un pequeno avance no seguinte vídeo.


 Concursos Día do Libro

     Hoxe celebramos o Día do Libro co Concurso de Ilustración. Nesta edición tivemos récord de participantes. Ocupamos a biblioteca e  habilitamos unha aula.

    Para homenaxear a Luísa Villalta, escritora a quen se lle dedica este ano 2024 o Día das Letras Galegas, o noso alumnado tivo que ilustrar os seguintes versos pertencentes ao poemario Grial do sol perdido (1985):

Andei por Santiago
pisando estrelas
na noite


       

     Moita sorte!!!

     O pasado martes, 16 de abril, tivo lugar o Concurso Literario. Tamén Luísa Villalta foi o motivo que central dos textos elaborados polo alumnado. Estes debían incluír os seguintes versos do libro Ruído (1995):


Agora xa non sei
quen son eu e quen es ti


martes, 19 de marzo de 2024

Inauguración da biblioterraza con Sole Felloza

SOLE FELLOZA, CONTADORA DE HISTORIAS





Hoxe, por fin, puidemos inaugurar a nosa biblioterraza da mellor maneira posible, coa presenza de Sole Felloza. 





Esta muller polifacética e excelente contadora de historias deleitounos coa súa arte na narración oral.





Nunha inauguración non podían faltar os doces e tivémolos grazas a Mar. Elaborou unhas madalenas-libro e unha torta-libro inesquecibles pola súa fermosura e polo saborosas que estaban. Xulgade vós!












martes, 12 de marzo de 2024

                    
8Marzo


     Conmemoramos esta importante data tocando e cantando. 


     Adaptamos, coa colaboración de Rosa, a profesora de Música, a letra de dúas coñecidas cancións:


           Verdegaio e Bella Ciao