domingo, 19 de febreiro de 2017

Viaxe a Lugo


Os días 2 e 3 de febreiro, o alumnado de Cultura Clásica de 3º da ESO e de Historia da Arte de 2º de Bacharelato, visitou a cidade de Lugo e o Castro de Viladonga.

O legado romano de Lugo é amplísimo, polo que nos centramos nos seguintes lugares:

  • Casa dos Mosaicos ou Domus Oceani. Os restos conservados pertenceron a unha gran residencia señorial de finais do século III ou principios do IV.
  • Domus do Mitreo. Esta casa romana foi propiedade dun centurión da Legio VII Gemina encargado dos impostos de Lucus Augusti. Dentro da edificación atópase un templo dedicado a Mitra, deus solar de orixe persa.
  • Sala de exposicións Porta Miña. Acolle unha mostra das catro etapas fundamentais do Lugo romano: as orixes, o esplendor, a fortificación da cidade e o seu ocaso.
  • Centro de interpretación da Muralla
  • Muralla romana
 
No concello de Castro de Rei, visitamos o Castro de Viladonga, o seu museo e realizamos un obradoiro de cerámica. Este castro tivo unha ocupación duradeira e especialmente importante, sobre todo entre os séculos II e V da nosa Era, o que o converte nun sitio clave para coñecer, estudar e comprender a evolución do mundo dos castros e do ámbito rural na etapa galaico-romana.

Ningún comentario:

Publicar un comentario