martes, 24 de marzo de 2020

Queda na casa, e segue lendo


Entre as moitas opcións que tedes de quedar na casa e seguir lendo, imos repasar algunhas que xa coñecedes (porque as vemos na materia de 1º da ESO Investigación e Tratamento da Información) e ver outra que moitos de vos non coñeceredes aínda.
A idea é que estes días poidades seguir lendo libros, xa que non podemos vernos en persoa na Biblioteca.
Imos aló.

Galicia Le é a plataforma de préstamo de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas. Nela poderás atopar dous catálogos: o "Catálogo galego" e o "Catálogo castelán". Nestos dous catálogos poderás ler e visionar todas as obras en diversos dispositivos compatibles: tabletas, teléfonos móbiles e ordenadores persoais. No caso dos libros, tamén poderás facelo dende un lector de libro electrónico.

Cómo podo acceder?

  • Se xa es usuario e tes carné dunha das bibliotecas da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, so precisas introducir o usuario e contrasinal que che facilitaron na túa biblioteca.
  • Se non tes carné de biblioteca, podes rexistrarte na páxina web e recibirás as claves para acceder aos contidos. Cando remate a corentena, disporás de 30 días para achegarte á biblioteca a solicitar o carné e seguir disfrutando do servizo.
A páxina web de Galicia Le é  www.galiciale.gal 



Na Biblioteca Virtual Galega poderás atopar obras de autores galegos de todos os tempos. Dispón de videoteca, catálogo de obras e autores e obras dispoñibles para a lectura. Non é necesario rexistrarse para consultar os libros.

A dirección é : bvg.udc.es

Na Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes, poderás atopar obras dixitalizadas da cultura española e hispanoamericana, ademáis de información relevante sobre os diversos autores e autoras.. Non precisas rexistrarte para facer as consultas.

A dirección é: www.cervantesvirtual.com

Esperamos que esta información sexa útil, aínda que o que queremos é verte moi moi pronto na Biblioteca do centro.

Ata entón, toca cuidarse moito.