domingo, 19 de febreiro de 2017

Viaxe a Lugo


Os días 2 e 3 de febreiro, o alumnado de Cultura Clásica de 3º da ESO e de Historia da Arte de 2º de Bacharelato, visitou a cidade de Lugo e o Castro de Viladonga.

O legado romano de Lugo é amplísimo, polo que nos centramos nos seguintes lugares:

  • Casa dos Mosaicos ou Domus Oceani. Os restos conservados pertenceron a unha gran residencia señorial de finais do século III ou principios do IV.
  • Domus do Mitreo. Esta casa romana foi propiedade dun centurión da Legio VII Gemina encargado dos impostos de Lucus Augusti. Dentro da edificación atópase un templo dedicado a Mitra, deus solar de orixe persa.
  • Sala de exposicións Porta Miña. Acolle unha mostra das catro etapas fundamentais do Lugo romano: as orixes, o esplendor, a fortificación da cidade e o seu ocaso.
  • Centro de interpretación da Muralla
  • Muralla romana
 
No concello de Castro de Rei, visitamos o Castro de Viladonga, o seu museo e realizamos un obradoiro de cerámica. Este castro tivo unha ocupación duradeira e especialmente importante, sobre todo entre os séculos II e V da nosa Era, o que o converte nun sitio clave para coñecer, estudar e comprender a evolución do mundo dos castros e do ámbito rural na etapa galaico-romana.

venres, 3 de febreiro de 2017

Premios do I Concurso de Fotografía

O pasado martes 31 de xaneiro, fíxose pública a relación dos premiados no I Concurso de Fotografía organizado pola Biblioteca do IES Terra do Xallas, así como a dos accésits

PRIMEIRA CATEGORÍA (1º e 2º da ESO)

PREMIO
Estrela Lois Iglesias - Monotonía

ACCÉSIT
Noelia Quintáns - El dinosaurio

ACCÉSIT
Maitena Lois - Monotonía

SEGUNDA CATEGORÍA (3º e 4º da ESO)

PREMIO

Patricia Pose Duarte - El dinosaurio

ACCESIT
Andrea Suárez Rey - Monotonía

TERCEIRA CATEGORÍA
(1º e 2º de Bacharelato e Ciclos Formativos)

PREMIO
Yessica Vilas Grille - El dinosaurio

ACCÉSIT
Yessica Vilas Grille - Monotonía

Dende o grupo de biblioteca
queremos agradecervos a todos
a vosa participación
e a vosa creatividade!!!