mércores, 30 de novembro de 2016

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA

Bases do concurso

1. Pode presentarse todo o alumnado que estea matriculado no IES Terra de Xallas no curso 2016-17

2. Cada participante poderá presentar unha ou dúas fotografías en formato .jpg inspiradas nun dos textos propostos.

3. Estableceranse tres categorías
  • 1º e 2º da ESO
  • 3º e 4º da ESO, Formación Profesional Básica, Ciclos Formativos de Grao Medio.
  • 1º e 2º de Bacharelato, Ciclos Formativos de Grao Superior.
4. Haberá un premio por categoría: impresión da fotografía

5. O xurado estará formado polo Grupo da Biblioteca: Soledad Fernández Gago, Beatriz Otero Enjo, Elena Orive Álvarez, Anxos Sanmartín Rei e Cristina Durán Arufe.

6. O xurado resérvase a posibilidade de outorgar algún accésit ou declarar desertos os premios.

7. As fotografías enviaránse durante as vacacións de Nadal, ao correo da biblioteca: bibliotecaxallas@gmail.com. No asunto débese indicar Concurso de Fotografía e no texto  escribiranse os datos (nome, apelidos, curso e grupo) e o número do texto ou o autor en que se inspira a fotografía.

8. O xurado emitirá o seu fallo a última semana do mes de xaneiro.




TEXTOS PROPOSTOS PARA O CONCURSO

Texto 1

Monotonía

Resultado de imagen de kavafisA un día monótono sucédeo
outro día idéntico, monótono. Pasarán
as mesmas cousas que de novo se repetirán.
Instantes iguais chegan a nós e parten.
Pasa un mes e deixa paso ao seguinte.
O que virá, ben pode calquera imaxinalo:
o mesmo fastío de onte. 
Cando chega o mañá, xa non semella un mañá.


 Konstantinos Kavafis

Texto 2
Resultado de imagen de augusto monterroso 





El dinosaurio

Cuando despertó, el dinosaurio todavía estaba allí.

Augusto Monterroso




luns, 28 de novembro de 2016

Os fantásticos libros voadores do señor Morris Lessmore

0205-fantastic-flying-books-of-mr-morris-lessmore-1jpg-c814384c6458ec93 
Mentres escribía un libro, Morris Lessmore queda atrapado por un furacán. Cando esperta, está nun estrano lugar onde os libros voan e lle invitan a seguilos ata chegar a unha misteriosa casa onde lle esperan miles de libros e que, como se descubrirá ao final, cada certo tempo van acollendo novos convidados.


Esta curtametraxe foi premiada cun Óscar á mellor curtametraxe animada en 2012. Disfrutádea.


domingo, 20 de novembro de 2016

Próxima  reunión  do  club  de lectura


O  luns,  5  de  decembro,
comentaremos


EL  HOGAR  DE  MISS  PEREGRINE  

PARA  NIÑOS  PECULIARES

de

RANSON  RIGGS


el hogar de miss peregrine para niños peculiares-ransom riggs-9788427900301


 A  historia  que  conta    é  igual  de  peculiar  ca  os  seus  protagonistas. Ranson Riggs inspirouse  nunha  serie  de  extrañas  fotografías  antigas que  amosaban  a  nenos  facendo cousas  extraodinarias.
 A  novela  conta  xa  cunha  versión  cinematográfica  dirixida  por  Tim  Burton.




domingo, 6 de novembro de 2016

PREMIOS DO CONCURSO DE CABAZAS 2016


Como sabes, as cabazas concursantes tiñan que estar inspiradas no universo de Tim Burton. Queres saber cales foron as premiadas? Pois terás que ter un pouco de paciencia e mirar o video que aparece a continuación.
En todo caso, gañadores ou non, o grupo da Biblioteca quere premiar a vosa participación cun pequeno agasallo. Moitas grazas!

martes, 1 de novembro de 2016

O UNIVERSO DE TIM BURTON



Como xa puideches ver esta última semana na entrada do  Instituto durante os recreos, este ano para festexar o Samaín, escapamos ao mundo fantástico de Tim Burton. É un dos directores máis prolíficos e orixinais que deu o cinema de Hollywood nestas últimas décadas. O seu estilo é único e a súa estética faino identificable a primeira vista.

O UNIVERSO IMAXINARIO DE TIM BURTON
Aínda que o seu universo está composto dunha fantasía chea de barroquismo e elementos surrealistas, non se pode dicir que o seu cine sexa unicamente de entretemento, pois os seus personaxes centrais son sempre alegorías de seres marxinais reais.  Os seus seres románticos, solitarios e necesitados de afecto, ao mesmo tempo que pouco correspondidos ou directamente menosprezados, son fáciles de identificar coa procura de amor e aceptación social.
Tim Burton ven mantendo un estilo e unha estética lineal e coherente, con antecedentes nos deseños de autores de debuxos animados de principios do século XX, ou  en personaxes da natureza de Frankenstein, Batman ou Alicia.  
Entre as súas películas máis persoales encontramos “Beetlejuice” (1988), “Eduardo Manostijeras” (1990), “La novia cadáver” (2005) ou “Sweeney Todd” (2007). Tamén recreou historias clásicas como “Alicia en el país de las Maravillas”, “El Planeta de los Simios” ou as aventuras de Batman en dúas ocasións.
Actualmente podes ver nos cines a estrea da súa última obra: “El hogar de Miss Peregrine para niños peculiares”

Nesta pequena película-homenaxe a este gran artista elaborada polo grupo da biblioteca, poderás ver exemplos do seu universo acompañados da banda sonora do seu inseparable Dany Elfman, sen o que xa non se pode concebir ningún dos seus traballos.

 

Fonte: El Universo imaginario de Tim Burton (utilidad.com)