Despois de escoitar algúns poemas de Florencio Delgado Gurriarán este venres pasado nas voces de algunhas alumnas e alumnos do noso centro, podemos ler a súa biografía escrita por Ledicia Costas con ilustracións de Branca Millán na web da Real Academia da Lingua (que é quen promove esta celebración). Son catro capítulos breves, así que vos animamos a lelos nestes enlaces:
Despois de ler a súa biografía, animádesvos a xogar con esa información? Na web da RAG tamén hai algún xogos sinxelos como ordenar as imaxes seguindo a súa vida, ou unha sopa de letras con nomes de lugares de Galiza e outros, ou un encrucillado con algúns datos da súa vida e obra, ou un xogo 'musical' dado que a el lle gustaba moito a música.
Se precisades máis información non deixedes de consultar todo o material biográfico, literario e audiovisual que hai na web da RAG.
Para rematar este vídeo de Xabier Díaz e as Adufeiras do Salitre, O baile de Noró, que aparece nun dos xogos que vos propuxemos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario