O Club de Lectura 'O Recuncho da Tinta Violeta' terá unha conversa literaria o vindeiro martes día 15 coa escritora, xornalista e editora Carmen Garcia de la Cueva. Despois de ler 'Mamá, quiero ser feminista', as integrantes do Club, xunto con algunhas alumnas de 2º de BACH que leron tamén o seu libro, asistirán á charla 'Esta soy yo. Maneras de contar la propia vida' e poderán compartir coa autora impresións, opinións e afectos. A continuación impartirá un Obradoiro de escrita autobiográfica na nosa biblioteca.
Ademais deste libro Carmen G. de la Cueva publicou Un paseo por la vida de Simone de Beauvoir en 2018 e Tranquilas: historias para ir solas por la noche en 2019. Se aínda non lestes nada dela, non dubidedes en coller algún dos exemplares que temos na biblioteca!
Como xornalista colaborou en varios diarios de tirada estatal e actualmente faino na sección de Opinión de eldiario.es e en CTXT (Revista Contexto), un medio dixital moi recomendábel onde podemos ler noticias de forma analítica e pausada. Xa avisa a cabeceira deste xornal: "Orgullosas de llegar tarde a las últimas noticias". Poñémosvos o enlace ao seu último artigo aquí.
Tamén é unha das protagonistas do vídeo #Amitambién me ha pasado publicado por eldiario.es.
Ademais, Carmen G. de la Cueva foi a directora da editorial feminista La Señora Dalloway despois de creala xunto a Ángelo Néstore e Martín de Arriba en 2014. Ese mesmo ano creou La tribu. Una casa propia, un 'espazo de diálogo, lectura e aprendizaxe' , '...deixa de ser un cuarto compartido para convertirse nunha casa propria chea de cuartos e espazos onde poder criar, coidar e crear en común...' Paga a pena que visitedes 'esta súa casa' neste enlace.
O Club de Lectura, a Biblioteca e o seu equipo estamos encantadas con esta visita tan especial e emocionante!
Este encontro coa autora enmárcase dentro do Programa de Actividades Literarias en Institutos de Ensino Secundario que promove o Ministerio de Cultura e Deporte.
Ningún comentario:
Publicar un comentario