xoves, 16 de decembro de 2021

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA ATÉ O 23 DE XANEIRO

E xa temos en marcha o seguinte concurso: a Biblioteca do IES Terra de Xallas convoca de novo o Concurso de Fotografía. Tedes que facer unha fotografía inspirada nos textos da convocatoria: un é un poema de Pilar Pallarés, do seu último poemario, Tempo fósil, e o outro un fragmento de Insolación (Historia amorosa) de Emilia Pardo Bazán. Tedes de prazo até o 23 de xaneiro de 2022, mais non deixedes para os últimos días a vosa participación!

Bases:

1. Pode presentarse todo o alumnado que estea matriculado no IES Terra de Xallas no curso 2021-2022.

2. Cada participante poderá presentar, como máximo, unha fotografía en formato .jpg inspirada en cada un dos textos propostos:

TEXTO I)

VARRENDO no silencio

aínda un vento obstinado.

Voan miñatos sobre a paisaxe desmembrada.

                                                                                          Tempo fósil, Pilar Pallarés.


TEXTO II)

Yo había oído asegurar muchas veces que si tenemos los ojos cerrados y alguna persona se pone a mirarnos fijamente, una fuerza inexplicable nos obliga a abrirlos. Digo que es verdad y lo digo por experiencia. En medio de mi sopor empecé a sentir cierta comezón de alzar los párpados, y una inquietud especial, que me indicaba la presencia de alguien en el tugurio… Entreabrí los ojos y con gran sorpresa vi el agua del mar.

                                      Insolación (Historia amorosa), Emilia Pardo Bazán.

3. Estableceranse tres categorías:

  • 1º e 2º ESO.

  • 3º e 4º ESO, Formación Profesional Básica e Ciclos Formativos de Grao Medio.

  • 1º e 2º BAC, Ciclos Formativos de Grao Superior.

4. Haberá un premio por nivel: impresión da fotografía.

5. O xurado estará formado polo Grupo de Biblioteca: Sabela Aldrey Dono, Cristina Durán Arufe, Soledad Fernández Gago, Mª Dolores Rodríguez Calo, Anxos Sanmartín Rei e Inmaculada Rodríguez Villar.

6. O xurado resérvase a posibilidade de outorgar algún accésit ou declarar desertos os premios.

7. As fotografías enviaranse ao correo da biblioteca bibliotecaxallas@gmail.com antes do día 23 de xaneiro (23h.59’).

  • No asunto débese indicar Concurso de Fotografía, no texto escribiranse os datos (nome, apelidos, curso e grupo) e o número do texto en que se inspira/n a/s fotografía/s.

8. O xurado emitirá o seu fallo a última semana do mes de xaneiro (antes do 31).

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario