martes, 9 de novembro de 2021

CONCURSO DE CHÍOS / TWEETS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


Durante o que queda de mes, até o día 30 de novembro, a Biblioteca convoca un concurso de chíos / tweets de 140 caracteres, como máximo, que rexeiten e/ou condenen a violencia de xénero. O formato é libre: poden ser frases, diálogos, versos, haikus, microrrelatos, etc. O 25 de novembro é o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres e propoñémosvos esta pequena actividade. 
Haberá un agasallo para os chíos/tweets participantes e para os premiados un bono nunha tenda de informática.
 


  As bases do concurso son:

1.- Pode presentarse todo o alumnado que estea matriculado neste curso 2021-2022 no IES Terra de Xallas.

2.- Cada alumna ou alumno poderá presentar só UN TEXTO.

3.- Os textos deben conter como MÁXIMO 140 caracteres (os espazos entre as palabras contan como caracteres).

4.- Os chíos (tweets) versarán sobre a violencia de xénero. O formato será libre. Poderán conter frases, diálogos, haikus, greguerías, microrrelatos, ou calquera outra forma de expresión artística escrita. Deben potenciar a sensibilización fronte á violencia de xénero e expresar o rexeitamento e condena a esta forma de violencia.

5.- Valorarase a orixinalidade, o estilo, a redacción e o impacto da mensaxe.

6.- Estableceranse TRES CATEGORÍAS:

  • 1º ESO e 2º ESO, FP Básica.

  • 3º ESO, 4º ESO e Ciclos Formativos de Grao Medio.

  • 1º BAC, 2º BAC e Ciclos Formativos de Grao superior.

7.- O prazo para a presentación dos textos será até o 30 de novembro ás 23:59.

8.- Os textos enviaranse por correo electrónico (bibliotecaxallas@gmail.com) ou depositaranse na Biblioteca.

9.- Haberá UN PREMIO por nivel.

10.- O xurado resérvase a posibilidade de outorgar algún accésit ou declarar desertos os premios.

11.- O xurado estará formado polo Grupo da Biblioteca: Sabela Aldrey Dono, Cristina Durán Arufe, Soledad Fernández Gago, Mª Dolores Rodríguez Calo, Anxos Sanmartín Rei e Inma Rodríguez Villar.

12.- O xurado dará a coñecer os textos premiados o venres 10 de decembro na Biblioteca durante o 2º recreo nun acto aberto a todas as/os participantes. Posteriormente publicaranse os nomes das persoas premiadas na web http://bibliotecaxallas.blogspot.com e en instagram bibliotecaxallas.


 


Ningún comentario:

Publicar un comentario