""Benvida, tripulación!
Estades no peirao da Real Academia Galega, base principal do Primavera
das Letras, un buque ao que cada ano soben milleiros de nenos e nenas
cunha misión: coñecer a protagonista do Día das Letras Galegas...."" http://primaveradasletras.gal/
Así comeza unha das seccions da web da Academia Galega, promotora, cada ano, en difundir a obra dunha galega ou dun galego, importante para a nosa lingua, para na nosa cultura. Este ano dedícase a unha poeta, tradutora e mestra,
XELA ARIAS.
Pois..., non sei se o sabedes, mais... Xela comezou a dar aulas no noso instituto. En Intempestiva. Unha biografía (literaria) de Xela Arias escrita por Montse Penas aparece isto:
Como todos os anos, hai moita información sobre a homenaxeada. Propómosvos comezar a viaxe coñecendo quen foi esta muller neste "Telexornal de ficción", realizado polo CPI Plurilingüe dos DIces, Rois:
No seguinte enlace á web do IES San Paio podedes ver unha "Cronoxeliña", unha liña do tempo sobre a súa vida: Cronoxeliña. E despois poderedes completar este encrucillado sen problemas: Encrucillado.
No IES Concepción Arenal realizaron esta presentación con moita información sobre Xela Arias: Presentación.
En varias webs podedes atopar moita información sobre esta autora. Deixamos varios enlaces para coñecer a súa biografía e a súa obra.
Obra, Obra, Intempériome, Darío a diario, Poemas de Xela Arias noutras voces
6 Videos da súa biografía, Imaxes
Tamén podemos escoitar algúns dos seus poemas en diferentes versións musicais. Aquí tedes algúns exemplos de A banda da Loba, Margarida Mariño ou Germán Son:
Ningún comentario:
Publicar un comentario