xoves, 30 de abril de 2020

Seguimos viaxando...



Aínda que xa se vai poder saír dar un paseíño, a única maneira que temos polo de agora de viaxar un pouco máis lonxe é a lomos dun libro. Así que seguimos con algunha proposta máis de páxinas web nas que podes descargar libros de dominio público:
  • LIBRO TOTAL é a maior plataforma dixital gratuita de libros de literatura clásica e non tan clásica. Inclúe audio-libros, guías de lectura, comentarios, fotografías...


  • BUBOK é unha web onde os autores poden autopublicar o seu libro e polo a disposición dos lectores. Algúns son gratuitos. Tamén ten títulos en galego.

  • FEEDBOOKS é unha librería multilingüe (ten obras en español, francés, inglés, italiano e alemán). Ten unha sección de "Dominio público" na que ofrece títulos libres de dereitos e orixinais gratuitos.



BON VOYAGE!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario