martes, 1 de novembro de 2016

O UNIVERSO DE TIM BURTON



Como xa puideches ver esta última semana na entrada do  Instituto durante os recreos, este ano para festexar o Samaín, escapamos ao mundo fantástico de Tim Burton. É un dos directores máis prolíficos e orixinais que deu o cinema de Hollywood nestas últimas décadas. O seu estilo é único e a súa estética faino identificable a primeira vista.

O UNIVERSO IMAXINARIO DE TIM BURTON
Aínda que o seu universo está composto dunha fantasía chea de barroquismo e elementos surrealistas, non se pode dicir que o seu cine sexa unicamente de entretemento, pois os seus personaxes centrais son sempre alegorías de seres marxinais reais.  Os seus seres románticos, solitarios e necesitados de afecto, ao mesmo tempo que pouco correspondidos ou directamente menosprezados, son fáciles de identificar coa procura de amor e aceptación social.
Tim Burton ven mantendo un estilo e unha estética lineal e coherente, con antecedentes nos deseños de autores de debuxos animados de principios do século XX, ou  en personaxes da natureza de Frankenstein, Batman ou Alicia.  
Entre as súas películas máis persoales encontramos “Beetlejuice” (1988), “Eduardo Manostijeras” (1990), “La novia cadáver” (2005) ou “Sweeney Todd” (2007). Tamén recreou historias clásicas como “Alicia en el país de las Maravillas”, “El Planeta de los Simios” ou as aventuras de Batman en dúas ocasións.
Actualmente podes ver nos cines a estrea da súa última obra: “El hogar de Miss Peregrine para niños peculiares”

Nesta pequena película-homenaxe a este gran artista elaborada polo grupo da biblioteca, poderás ver exemplos do seu universo acompañados da banda sonora do seu inseparable Dany Elfman, sen o que xa non se pode concebir ningún dos seus traballos.

 

Fonte: El Universo imaginario de Tim Burton (utilidad.com)


Ningún comentario:

Publicar un comentario